HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación intensifica a súa colaboración coa promoción dos recursos turísticos da...

A Deputación intensifica a súa colaboración coa promoción dos recursos turísticos da Ruta do Viño do Ribeiro

- Anuncio -spot_img

Nun encontro de traballo no Pazo Provincial entre o presidente da institución, Luis Menor e membros da directiva desta Ruta, acordouse reforzar esta colaboración coa Denominación de Orixe máis antiga de Galicia

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial coa presidenta, vicepresidente e co membro da xunta directiva da Asociación da Ruta do Viño do Ribeiro, Mariluz Expósito, Avelino Pazos e Jonatán Pousada, respectivamente, para reforzar a colaboración da institución provincial na promoción do viño da Denominación de Orixe más antiga de Galicia.

Neste sentido, Luis Menor destacou a importancia do sector vitivinícola na provincia de Ourense -con catro das cinco Denominacións de Orixe de Galicia-, e, especialmente, dos recursos enoturísticos do Ribeiro como un dos “principais activos de primeira orde” na nosa provincia.

A colaboración da Deputación con esta Ruta trata de poñer en valor os numerosos recursos asociados á mesma como son a natureza, a historia, o patrimonio e a enogastronomía que están tan “vencellados ao traballo vitivinícola” tan representativo desta comarca, sinalou o presidente provincial.

Publicacións Relacionadas