HomePontevedraCaldasA Deputación investirá  665.000 euros na execución de cunetas de seguridade en...

A Deputación investirá  665.000 euros na execución de cunetas de seguridade en 19 estradas provinciais de concellos das comarcas do Deza, Terra de Montes e Caldas

- Anuncio -spot_img

Esta actuación forma parte do acordo marco de execución de cunetas de seguridade nas estradas provinciais da Deputación, que ascende a 2 millóns de euros neste 2025

“Nunha semana aprobamos 6,4 millóns de euros para garantir o óptimo estado dos 1.700 quilómetros de estradas provinciais e avanzar, así, na mellora da calidade de vida da nosa veciñanza”, remarcou o presidente Luis López

A Deputación de Pontevedra investirá 665.000 euros na execución de cunetas de seguridade en 19 estradas provinciais de concellos das comarcas do Deza, Terra de Montes e Caldas. En concreto, estes recursos beneficiarán a Lalín, Dozón, Rodeiro, Vila de Cruces, Silleda, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Caldas de Reis, Cuntis, Valga e Catoira e forman parte do acordo marco de execución de cunetas nas estradas provinciais da Deputación, que ascende a 2 millóns de euros neste 2025.

En Lalín actuarase na estrada provincial EP-6005 Prado-Bodaño; en Dozón na EP-6101 Bidueiros-Amedo e na EP-6106 As Maceiras-Alvarellos; en Rodeiro na EP-6202 Rodeiro-Oseira, na EP-6204 A Portela-Antas de Ulla e na EP-6206 A Portela-Pescoso; en Vila de Cruces na EP-6403 As Cruces-Brocos e na EP-6407 A Caseda-Brandariz; en Silleda na EP-6515 Senra-Escuadro; na Estrada na EP-7006 O Sol-Pardemarín e na EP-7017 Callobre-Ponte Ledesma; en Cerdedo-Cotobade na EP-7102 Serrapio-A Portela; en Forcarei na EP-7203 Soutelo de Montes-Covas e na EP-7204 Soutelo de Montes-Ratel; en Caldas de Reis na EP-8002 Caldas de Reis-San Clemente; en Cuntis na EP-8402 Cuntis-Cequeril e na EP-8403 Cuntis-Alto da Cruz; en Valga na EP-8501 Valga-Os Martores e en Catoira na EP-8703 Dimo-Coaxe. En todas elas levaranse a cabo, ademais das cunetas, actuacións de saneado e fresado do firme para despois repor a capa de rodadura, obras de drenaxe e de reposición de sinalización se fose necesario.

“Nunha semana aprobamos 6,4 millóns de euros para garantir o óptimo estado dos 1.700 quilómetros de estradas provinciais e avanzar, así, na mellora da calidade de vida da nosa veciñanza”, remarcou o presidente Luis López. Así, aos 2 millóns aprobados para executar cunetas de seguridade hai que engadir os 4,4 millóns de euros aprobados a pasada semana para conservar o firme da rede viaria da Deputación de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas