Home Pontevedra Caldas A Deputación investirá máis de 400.000 euros na mellora da estrada provincial...

A Deputación investirá máis de 400.000 euros na mellora da estrada provincial entre Piñeiro e Arcos, en Cuntis

- Anuncio -

O proxecto de actuación na EP-8404 está moi avanzado e consiste na mellora do firme e seguridade viaria da estrada provincial

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, realizou unha visita á estrada “co obxectivo de analizar de primeira man a súa situación para que quede todo ben recollido no proxecto”

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de visitar en Cuntis a estrada provincial EP-8404 entre Piñeiro e Arcos na que a Deputación de Pontevedra investirá máis de 400.000 euros na súa mellora. A visita tiña por obxectivo “analizar de primeira man a situación da estrada para que quede todo ben recollido no proxecto” que, tal e como avanzou a deputada, “está moi avanzado” e permitirá “mellorar o firme e a seguridade viaria de todo o conxunto da estrada provincial”.

A EP-8404 entre Piñeiro e Arcos ten unha lonxitude de 3416 metros. Nestes momentos non ten a capacidade portante adecuada e mediante a actuación prevista preténdese realizar un asfaltado que cubra o estado deficiente da vía. Deste xeito realizarse unha reparación de todo o treito da estrada, mediante a execución de saneos e o fresado da capa de rodadura e, posteriormente, cun recredido do firme existente mediante formigón en quente.

A actuación completarase cun paquete de medidas destinadas á mellora da seguridade viaria da estrada provincia. Deste xeito, ademais da mellora do firme, repoñerase a sinalización horizontal e vertical co fin de salvagardar a debida prestación do servizo público viario.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas