Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Lugo A Deputación inviste na Pastoriza preto de 170.000€ para mellorar a estrada...

A Deputación inviste na Pastoriza preto de 170.000€ para mellorar a estrada que vai de Castro de Rei a Campo do Oso

- Anuncio -

A institución provincial acondicionará preto de 4 quilómetros da LU-P-1106, que soporta un elevado volume de tráfico pola actividade dunha canteira próxima e porque é moi usada como saída cara Mondoñedo
A Deputación de Lugo inviste na Pastoriza preto de 170.000€ para rehabilitar a estrada provincial LU-P-1106, que vai de Castro de Rei a Campo do Oso, pasando por Reigosa. Así o avanzou o Presidente, José Tomé Roca, quen subliñou a importancia destas obras, pois esta vía soporta un elevado volume de tráfico debido aos traballos que realiza unha canteira situada no núcleo de Xemil, xustamente por onde transcorre a estrada. Así mesmo, a LU-P-1106, que vai dende o cruce de Bretoña ata Campo do Oso, é moi utilizada como saída cara Mondoñedo.

A Xunta de Goberno da Deputación vén de adxudicar estas obras, que afectarán a uns 4 quilómetros desta vía, entre os puntos quilométricos 16,9 e 20,4. Consistirán na mellora do firme con rego asfáltico e comezarán nas vindeiras semanas, cun prazo de execución de 9 meses.

A mellora da mobilidade é unhas das prioridades marcadas polo Presidente no Orzamento da Deputación para este ano 2021, no que decidiu aumentar as partidas para as estradas nun 14%, ata acadar os 16M€. José Tomé subliñou que con todas estas actuacións na rede viaria provincial, a máis extensa de España, con 4.200 quilómetros, e tres veces superior á da Xunta en Lugo, a Deputación de Lugo segue traballando “nun dos nosos principais obxectivos, como é a mellora das comunicacións viarias, necesarias para aumentar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e favorecer a igualdade de oportunidades e o reequilibrio territorial”.

Relacionadas

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

A Deputación abre este venres o prazo para solicitar as axudas para a realización...

0
Con esta liña de subvencións, por concorrencia competitiva, o goberno de Luis López busca fomentar o turismo na provincia distribuíndo axudas que ascenden a...

A Deputación recibe este domingo 28 de xullo a 140 cativos de 29 concellos...

0
Durante seis días os pequenos desfrutarán nas instalacións do Grove dun amplo programa con actividades educativas, culturais, deportivas e formativas Os campamentos da Lanzada da...

A Deputación leva este sábado a Budiño ata Moaña e a Dakidarría ata Tomiño...

0
O concerto de Budiño terá lugar ás 23:30 horas no Paseo marítimo de Moaña e o de Dakidarría ás 22:30 horas na Praza do...

A Deputación leva esta fin de semana o programa provincial “+Bosques” ata cabo Udra...

0
A iniciativa promove o contacto directo coa natureza e ten todas as prazas de xullo e agosto cubertas. As inscricións para as quendas de...

Luis López sinala a Festa do Viño Tinto Rías Baixas das Neves como mostra...

0
O presidente provincial participa na cata popular que abriu a décimo oitava edición dunha festa que “é unha referencia no calendario festivo do verán...

Publicacións Relacionadas