Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación inviste preto de 100.000 euros na área recreativa de Rante,...

A Deputación inviste preto de 100.000 euros na área recreativa de Rante, en San Cibrao das Viñas

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe xunto á alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Nóvoa, na inauguración desta nova infraestrutura que “se suma a gran oferta de ocio que ten este municipio para a súa veciñanza”

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe xunto á alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Nóvoa, na inauguración da área recreativa de Rante, na que a institución provincial investiu preto de 100.000 euros.
Esta colaboración materializouse a través do Plan CooperOU con dúas axudas de 47.973 e 48.382 destinadas ao parque infantil composto por xogos para menos e nenas e á pista multideporte para fútbol, baloncesto e tenis, respectivamente. Ambas actuacións realizáronse nuns terreos da comunidade de montes, cedidos ao Concello para usos públicos.
A Deputación investirá ao longo deste exercicio un orzamento que ascende aos 250.132 euros no Concello de San Cibrao das Viñas e, “neste traballo a prol do desenvolvemento social e económico dos territorios, sempre atoparán a man tendida desta institución”, asegurou Menor.
Neste sentido, o presidente provincial reivindicou o “gran traballo de xestión” que está a realizar a alcaldesa de San Cibrao de Viñas “dotando a Rante, un dos pobos que máis está a medrar deste municipio, dunha nova infraestrutura que se vén a sumar a gran oferta de ocio que ten San Cibrao para a súa veciñanza”.
Luis Menor felicitou ao Concello de San Cibrao “por levar a cabo políticas que fomentan o asentamento de novas familias no municipio ofrecendo os mellores servizos posibles á veciñanza, como esta área recreativa, porque é a maneira para frear o despoboamento e asentar poboación no noso rural”.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas