Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación lanza "Cambiemos o Conto" un concurso de relatos dirixido ao...

A Deputación lanza “Cambiemos o Conto” un concurso de relatos dirixido ao alumnado de secundaria para reflexionar sobre a violencia machista e a igualdade

- Anuncio -

O certame, enmarcado no Manifesto de Soutomaior, premiará aos mellores relatos da ESO, Bacharelato, FP Básica ou Grao Medio que partan da denuncia do carácter machista dunha canción e reflexionen para construír o mundo e as relacións dende o feminismo

A Deputación vén de lanzar “Cambiemos o conto” un concurso de relatos dirixido ao alumnado de ESO, Bacharelato, FP Básica ou de Grao Medio de centros educativos da provincia para incentivar entre a mocidade o pensamento crítico, sensibilizala na igualade e na loita contra as violencias machistas e fomentar a súa creatividade. O certame xorde ao abeiro dos actos do primeiro aniversario do “Manifesto de Soutomaior”, o documento asinado fai un ano por mulleres da cultura no que se denunciaron as diferentes situacións de desigualdade que existen no mundo da escrita e se propuxo un plan de acción para rachar con elas. O concurso, aberto ata o 30 de xaneiro de 2023, premiará aos mellores relatos elaborados pola mocidade que partan da denuncia do carácter machista dunha canción e reflexionen para construír o mundo e as relacións dende o feminismo. Haberá tres premios para ESO e outros tres para Bacharelato, FP Básica ou de Grao Medio e os galardóns, iguais para ambas categorías, recalarán tanto nos centros educativos como nas mozas e mozos gañadoras/es.

“A educación e a cultura son ferramentas indispensables para cambiar o mundo, por iso consideramos fundamental que dende as aulas se impulse o espírito creador da mocidade e se faga denunciando e modificando todo aquilo que non está a funcionar como debe, como é o caso das violencias que sofren as mulleres e as desigualdades que padecen” remarcou a presidenta provincial Carmela Silva. Deste xeito, “Cambiemos o conto” ten por obxectivo premiar aos mellores relatos orixinais e inéditos elaborados de xeito individual por mozas e mozos de secundaria. Os relatos deben contar con entre 3.500 e 7.000 caracteres e partir dunha estrofa ou verso dunha canción que se escoite na contorna da mocidade, que teña moitas persoas seareiras, denunciando o seu carácter machista e facendo fincapé na necesidade de configurar un mundo feminista, libre de violencias machistas e igualitario.

A participación no concurso é individual e cada concursante poderá presentar unha única proposta. Será o centro educativo a través dunha persoa responsable, unha mestra ou mestre ou a dirección, quen envíe a participa.igualdade@depo.gal cada un dos relatos, en formato .pdf, e identificados co nome da persoa participante, curso e nome do centro. Haberá dúas categorías, unha para o alumnado da ESO e outra para Bacharelato, FP Básica ou de Grao Medio e os premios serán iguais para ambas categorías. O primeiro premio consistirá nunha actuación musical ou encontro cunha escritora galega para o centro educativo e un ordenador portátil para a moza ou o mozo gañador; o segundo premio no encontro cunha escritora galega para o centro e unha tableta para a moza ou mozo gañador; e o terceiro premio na realización do obradoiro “Mudando letras” para o centro educativo e un agasallo didáctico para a moza ou mozo gañador.

Con motivo do primeiro aniversario do Manifesto de Soutomaior, amais deste concurso de relatos, acordouse tamén poñer en marcha os premios literarios “Hai unha voz”, para recoñecer o papel das escritoras, así como un observatorio sobre a situación das mulleres na literatura e unha biblioteca dixital de mulleres da escrita.

Relacionadas

O Goberno Municipal de As Neves traballa en solucións reais para o SAF

0
O actual goberno municipal de As Neves, liderado polo alcalde Jose Manuel Alfonso, lamenta profundamente a campaña de desinformación que intenta promover o BNG...

A Deputación ultima o prazo para que o persoal técnico deportivo das entidades locais...

0
As axudas convócanse en colaboración coa Asociación do Deporte Español para sufragar os custos da realización do Curso de Competencias de Dixitalización, Innovación e...

A Deputación de Pontevedra abre o próximo venres a exposición “Espazos liminais na miña...

0
A mostra estará dispoñible ata o 22 de setembro na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas desde fai...

A Deputación retoma os obradoiros en familia sobre a exposición ‘A era das fábulas’,...

0
As actividades están dirixidos a nenas e nenos a partir de 6 anos acompañados dunha persoa adulta Dentro das actividades complementarias á exposición ‘A era...

A Deputación inicia a próxima semana máis de 20 novos obradoiros do programa Provincia...

0
Preto de 400 veciños de 15 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, competencias dixitais, ioga ou ximnasia de mantemento A Deputación...

O Pleno se Salceda Aproba por Unanimidade a Moción do Grupo Socialista que...

0
O Pleno Ordiario do Concello de Salceda de Caselas celebrado o pasado Xoves 29 de  Agosto aprobou por unanimidade a moción presentada polos concelleiros...

Publicacións Relacionadas