Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación lanza unha nova edición de Pontegal para promover a actividade...

A Deputación lanza unha nova edición de Pontegal para promover a actividade cultural das agrupacións e artistas da provincia

- Anuncio -

O goberno provincial vén de aprobar as bases para que asociacións sen ánimo de lucro e entidades locais menores poidan solicitar actuacións dos grupos e compañías inscritos no Catálogo Pontegal cara 2022

A Deputación de Pontevedra pon en marcha a nova edición do programa Pontegal, que ten por obxecto promover que o tecido asociativo da provincia poida levar a cabo actividades no ámbito das artes e a cultura e ao que a institución vai destinar no vindeiro 2022 un orzamento de 600.000 euros. Deste xeito, a Xunta de Goberno vén de aprobar as bases que regularán a concesión das solicitudes, que poderán facer asociacións e entidades locais menores, para programar actuacións de grupos e artistas da provincia no seu territorio no vindeiro ano.

Poderán solicitar actuacións dos grupos, artistas e compañías que estean inscritos no Catálogo de grupos Pontegal, que a Deputación promove a través da súa web e que reúne na actualidade a 1.235 artistas de diferentes disciplinas culturais. Entre elas, de animación infantil, audiovisuais, baile moderno, ballet, bandas de gaitas, bandas de jazz, bandas de música, cantautores e cantautoras, charangas, grupos de gaitas, grupos de playback, grupos folclóricos, grupos folk, grupos músico vocais, grupos pop rock, humoristas, corais, artistas de maxia, música clásica, orquestras clásicas, outros folclores, pandereteiras, poetas, rondallas e compañías de teatro.

Unha vez publicadas as bases no Boletín da Provincia, as solicitudes presentaranse obrigadamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na Sede electrónica da Deputación (https://sede.depo.gal). Terán que presentarse cunha antelación de máis de 20 días naturais con respecto á data de realización da actuación.

O pasado 2020 e a pesares da pandemia, leváronse a cabo más de 300 actuacións no marco de Pontegal en distintos concellos da provincia, e neste 2021 realizáronse preto dun millar.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas