Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación leva a cinco centros de ensino os obradoiros de sensibilización...

A Deputación leva a cinco centros de ensino os obradoiros de sensibilización do programa Ateneo pola Igualdade

- Anuncio -

Centros de Cerdedo-Cotobade, Mos, Pontevedra e Vigo participarán nas accións, nas que recibirán formación sobre educación sexo-afectiva, padróns sexistas e redes sociais

A Deputación de Pontevedra bota a andar a próxima semana os obradoiros de sensibilización para centros de ensino incluídos no novo programa provincial Ateneo pola Igualdade. A través desta iniciativa, que busca situar a Deputación como un referente na promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes baseándose na investigación e na divulgación con perspectiva de xénero, un total de cinco centros de Cerdedo-Cotobade, Mos, Pontevedra e Vigo participarán entre o 20 e o 22 de xaneiro de formacións para reflexionar arredor da igualdade.

As accións comezarán o luns 20 de xaneiro no IES de Cotobade (Cerdedo-Cotobade) co obradoiro “Hackeando o machismo”. Nel falarase sobre como as redes sociais supuxeron un cambio na forma en que a mocidade se expresa, se comunica, se relaciona e interactúa, ademais de explicar os conceptos fundamentais da teoría feminista partindo desa realidade tan presente nas súas vidas. O alumnado aprenderá a ver como o machismo impregna, de xeitos sutís, as nosas vidas.

O martes 21 de xaneiro, o IES Valadares de Vigo participará no obradoiro “A caixa das mensaxes”, que tamén recibirá o alumnado do IES A Xunqueira I de Pontevedra o mércores 22. Nesta acción explicaráselle á rapazada que a sexualidade é algo que temos todas as persoas durante toda a vida, do que se desprenden unhas vivencias e unha expresión do desexo únicas en cadaquén. A acción levará á reflexión sobre que é a educación sexo-afectiva e responderá as preguntas do alumnado, cun enfoque feminista que favoreza as relacións afectivo-sexuais sas e pracenteiras, que non perpetúen estereotipos machistas.

Tamén o martes 21, o alumnado do IES de Mos asistirá ao obradoiro “Gamers e influencers”, que incidirá en como a socialización diferencial xera expectativas distintas para mulleres e homes. O denominado espellismo da igualdade provoca que as novas xeracións sexan cegas a algunhas das súas consecuencias e repitan padróns sexistas do pasado, polo que o obradoiro fomentará un pensamento crítico preciso para interrogarse sobre os guións sociais impostos.

Por último, o alumnado do IES Sánchez Cantón (Pontevedra) asistirá o mércores 22 ao obradoiro “Outra charla de igualdade?”, que afondará nas resistencias e os argumentos negacionistas que presenta certo alumnado malia que o traballo en igualdade de xénero e prevención das violencias machistas se incrementase durante os últimos anos e permitise mellorar na detección temperá da violencia. Nesta acción responderase de forma sosegada e fundamentada a algúns mitos que se constrúen sobre a problemática do machismo, que lle restan apoio social á igualdade e revitimizan as vítimas, ou directamente negan a existencia da violencia de xénero e da discriminación sexual.

Ateneo pola Igualdade é un programa itinerante cunha programación ampla e variada baseada en tres alicerces, o coñecemento, a creación e o progreso, e dividida en catro áreas: investigación (elaboración de estudos), formación (encontros, xornadas, foros, congresos e seminarios), sensibilización (campañas en asuntos como coeducación ou corresponsabilidade, ademais de ciclos culturais) e difusión (unha videoteca, presentacións, edición de libros e encontros con escritoras).

Relacionadas

O Mosaico Romano de Panxón emprende o seu viaxe definitivta t Nigrán tras case...

0
A peza, atopada á venda no 2018 nun anticuario de New York, foi entregada hoxe ao Concello nun acto oficial na galería Colnaghi de...

O BNG reforza a súa dirección local co reto de sumar máis apoios á...

0
A fronte nacionalista reelixe por unanimidade á deputada Carmela González como responsábel local e amplía a dirección co obxectivo de situar o Bloque como...

A Deputación ultima o prazo para que os concellos soliciten actuacións no marco do...

0
Os 59 concellos beneficiarios dos 8 millóns de euros mobilizados pola Deputación poden presentar os seus proxectos ata o próximo mércores 22 de xaneiro A...

Redondela avanza para a aprobación provisional do PXOM

0
O Concello xa conta cos informes emitidos polas diferentes administracións que deben informar o PXOM. Neste trimestre celebrarase reunións coas Direccións Xerais de Urbanismo,...

Luis López e Rafa Domínguez convidan a visitar o Museo de Pontevedra para descubrir,...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente e a directora do Museo, Ángeles Tilve, visita a exposición dedicada á obra do artista nacido en Rianxo,...

Luis Menor aposta por consolidar a colaboración en materia de Emerxencias e Protección Civil...

0
O presidente provincial comprométese a continuar a colaboración da Deputación coas agrupacións de voluntarios de Protección Civil, mantendo as axudas implementadas en 2024 para...

Publicacións Relacionadas