Home Vigo Baiona A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Baiona e...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Baiona e Covelo para informar a cidadanía sobre eficiencia e aforro enerxético

- Anuncio -

O deputado provincial Javier Tourís visitou este martes os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para informar, asesorar e acompañar proxectos relacionados coa eficiencia enerxética

O deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e Finca Areeiro da Deputación de Pontevedra, Javier Tourís, visitou este martes os concellos de Baiona e Covelo coa oficina móbil do programa +Renovables, coa que a Deputación está a descentralizar os servizos que se prestan desde a Oficina de Transformación Comunitaria (emprazada no Viveiro de Empresas de Barro) para implicar os pequenos concellos nos retos da sostibilidade. O deputado provincial visitou a instalación móbil xunto cos alcaldes de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, e de Covelo, Juan Pablo Castillo.

A oficina móbil da Oficina de Transformación Comunitaria está a percorrer os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para informar, asesorar e acompañar proxectos relacionados coa eficiencia enerxética desde a súa creación ata a produción e o autoconsumo. Trátase dun vehículo 100% eléctrico onde o persoal técnico do programa informará in situ sobre cuestións de índole legal (redacción e estatutos e normas, cesión de cubertas, revisión de contratos de execución de obras…), técnica (deseño de proxectos de xeración térmica ou eléctrica) e económica (créditos bancarios e outras fórmulas de financiamento…).

+Renovables é unha iniciativa provincial que responde á aposta pola transición enerxética, a sostibilidade e a transformación do territorio. O programa está dotado de 750.000 euros (con 500.000 € de fondos europeos), que se mobilizan como resposta á crise enerxética e á necesidade de impulsar unha nova cultura na que a cidadanía teña unha participación efectiva no sistema enerxético e, ademais, repercuta nun aforro económico tanto para as familias como para as empresas. Actualmente a Deputación tamén está a realizar xornadas de capacitación en todas as comarcas da provincia para afondar en cuestións relacionadas con proxectos de eficiencia enerxética.

A Oficina de Transformación Comunitaria do programa +Renovables ten un orzamento de 370.000 euros e está financiada con fondos europeos NextGenerationEU para fomentar e impulsar a creación e o desenvolvemento de proxectos de eficiencia enerxética en todas as comarcas da provincia, sendo o medio rural, e especialmente os concellos de reto demográfico, a principal prioridade.

Relacionadas

Rafa Domínguez visita no Museo Reino Sofía a exposición sobre o ‘Esperpento’ ideado por...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, visitou este martes no Museo Reino Sofía de Madrid, onde se atopa como parte da delegación...

A Xunta destina máis de 300.000 euros para o reforzo da atención a maiores...

0
O Executivo galego investiu máis de 134.000 euros para a adquisición dun vehículo e a realización de melloras no centro de día e no...

Diego Rosal, elexido novo Responsábel Local do BNG de Meaño

0
O BNG de Meaño ven de celebrar o pasado Luns na Casa de Cultura de Dena en Asamblea Local, a elección do novo Consello...

A Audiencia Nacional falla a favor do Concello de Tui na reclamación da cantidade...

0
O Ministerio de Interior deberá aboar a totalidade dos 1.276.709,34 € O Ministerio do Interior deberá aboar 1.276.709,34€ ao concello de Tui en concepto de...

A Andaina solidaria de Montes e Praias de Marín cumpre 10 anos

0
A proba foi presentada esta mañá desde un dos puntos máis bonitos do percorrido, o banco da Teoira. A actividade, que se celebrará o...

A contorna da Casa do Concello será un novo núcleo de centralidade en Soutomaior

0
O proxecto prevé a humanización de toda a contorna e a inclusión de elementos de mobiliario urbano como bancos e árbores. A contorna da Casa...

Publicacións Relacionadas