Home Tabeirós A Estrada A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para informar a cidadanía sobre eficiencia e aforro enerxético

- Anuncio -

O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil do programa, coa que está a percorrer todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para informar, asesorar e acompañar proxectos relacionados coa eficiencia enerxética

O deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e Finca Areeiro da Deputación de Pontevedra, Javier Tourís, visitou os concellos da Estrada e de Lalín coa oficina móbil do programa +Renovables, coa que a Deputación está a descentralizar os servizos que se prestan desde a Oficina de Transformación Comunitaria (emprazada no Viveiro de Empresas de Barro) para implicar os pequenos concellos nos retos da sostibilidade. O deputado provincial visitou a instalación móbil xunto co alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e o de Lalín, José Crespo.

A oficina móbil da Oficina de Transformación Comunitaria está a percorrer os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para informar, asesorar e acompañar proxectos relacionados coa eficiencia enerxética desde a súa creación ata a produción e o autoconsumo. Trátase dun vehículo 100% eléctrico onde o persoal técnico do programa informará in situ sobre cuestións de índole legal (redacción e estatutos e normas, cesión de cubertas, revisión de contratos de execución de obras…), técnica (deseño de proxectos de xeración térmica ou eléctrica) e económica (créditos bancarios e outras fórmulas de financiamento…).

+Renovables é unha iniciativa provincial que responde á aposta pola transición enerxética, a sostibilidade e a transformación do territorio. O programa está dotado de 750.000 euros (con 500.000 € de fondos europeos), que se mobilizan como resposta á crise enerxética e á necesidade de impulsar unha nova cultura na que a cidadanía teña unha participación efectiva no sistema enerxético e, ademais, repercuta nun aforro económico tanto para as familias como para as empresas. Actualmente a Deputación tamén está a realizar xornadas de capacitación en todas as comarcas da provincia para afondar en cuestións relacionadas con proxectos de eficiencia enerxética.

A  Oficina de Transformación Comunitaria do programa +Renovables ten un orzamento de 370.000 euros e está financiada con fondos europeos NextGenerationEU para fomentar e impulsar a creación e o desenvolvemento de proxectos de eficiencia enerxética en todas as comarcas da provincia, sendo o medio rural, e especialmente os concellos de reto demográfico, a principal prioridade.

Relacionadas

Luisa Sánchez anuncia na gala de entrega dos XIX Premios Joven Empresario/a de AJE...

0
O goberno da Deputación investirá 1,45 millóns de euros na xestión de Smartpeme + e das oficinas Acelera Pyme Rural, que desde Barro, Cambados,...

Baiona presenta a imaxe da Festa da Arribada 2025

0
Baiona desvela a imaxe da XIX Festa da Arribada 2025, que se celebrará do 28 de febreiro ao 2 de marzo, nun acto en...

O concello do Porriño rende homenaxe aos gañadores do concurso ‘Internetional Dragon’s Den’

0
Os estudantes presentaron aos asistentes o seu proxecto “Greenpocket Solutions” xunto cun prototipo do produto 'Eco Snack Bag', amosando a súa proposta innovadora de...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Marín para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Rafa Domínguez e Jorge Cubela percorren Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera da conferencia...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura e Xuventude, Jorge Cubela, percorreron Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera...

A Xunta e o concello de Moraña avalían vías de colaboracion para mellorar a...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Moraña estudarán a posibilidade de mellorar o acondicionamento e poñer en valor a contorna do río...

Publicacións Relacionadas