Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Meis para...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Meis para informar a cidadanía sobre eficiencia e aforro enerxético

- Anuncio -

O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para informar, asesorar e acompañar proxectos relacionados coa eficiencia enerxética

O deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e Finca Areeiro da Deputación de Pontevedra, Javier Tourís, visitou este xoves o concello de Meis coa oficina móbil do programa +Renovables, coa que a Deputación está a descentralizar os servizos que se prestan desde a Oficina de Transformación Comunitaria (emprazada no Viveiro de Empresas de Barro) para implicar os pequenos concellos nos retos da sostibilidade. O deputado provincial visitou a instalación móbil xunto coa alcaldesa de Meis, Marta Giráldez.

A oficina móbil da Oficina de Transformación Comunitaria está a percorrer os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para informar, asesorar e acompañar proxectos relacionados coa eficiencia enerxética desde a súa creación ata a produción e o autoconsumo. Trátase dun vehículo 100% eléctrico onde o persoal técnico do programa informará in situ sobre cuestións de índole legal (redacción e estatutos e normas, cesión de cubertas, revisión de contratos de execución de obras…), técnica (deseño de proxectos de xeración térmica ou eléctrica) e económica (créditos bancarios e outras fórmulas de financiamento…).

+Renovables é unha iniciativa provincial que responde á aposta pola transición enerxética, a sostibilidade e a transformación do territorio. O programa está dotado de 750.000 euros (con 500.000 € de fondos europeos), que se mobilizan como resposta á crise enerxética e á necesidade de impulsar unha nova cultura na que a cidadanía teña unha participación efectiva no sistema enerxético e, ademais, repercuta nun aforro económico tanto para as familias como para as empresas. Actualmente a Deputación tamén está a realizar xornadas de capacitación en todas as comarcas da provincia para afondar en cuestións relacionadas con proxectos de eficiencia enerxética.

A Oficina de Transformación Comunitaria do programa +Renovables ten un orzamento de 370.000 euros e está financiada con fondos europeos NextGenerationEU para fomentar e impulsar a creación e o desenvolvemento de proxectos de eficiencia enerxética en todas as comarcas da provincia, sendo o medio rural, e especialmente os concellos de reto demográfico, a principal prioridade.

Relacionadas

Luis López asina un convenio co alcalde de Moraña para a mellorar a seguridade...

0
O presidente recibe o alcalde José Gómez no Pazo provincial para poñer en marcha a primeira fase dun proxecto financiado ao 100 % pola...

Arranca o 5º Ciclo de Cine de Inverno en Salvaterra de Miño

0
Dende a Concellería de Cultura preséntase a 5ª edición do Ciclo Cine de Inverno que se celebrará durante o vindeiro mes en Salvaterra de...

O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín realizará un obradoiro de achegamento...

0
O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín realizará un obradoiro de achegamento as novas tecnoloxías aberto ao público dende o mércores 22...

Unha exposición como preámbulo da VIII Mostra Camelias e Mar, que chega ao Museo...

0
Cristina Barreiro e Rosa Crespo abren a exposición “Arte e Camelias”, que se poderá visitar no Museo para abrir boca de cara á gran...

Reunión cos furancheiros de cara ao arranque da tempada en febreiro

0
Poderán vender os seus excedentes entre o 1 do próximo mes e o 30 de xuño, tendo en conta que só poden ter actividade...

Trasmañó festexa o seu patrón San Vicente con tres días de celebración e a...

0
A parroquia de Trasmañó celebra esta semana a festa patronal, gastronómica e cultural do seu patrón San Vicente. A alcaldesa, Digna Rivas, e a...

Publicacións Relacionadas