HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva ata Lalín “Néboas”, de Javier Otero, un espectáculo para...

A Deputación leva ata Lalín “Néboas”, de Javier Otero, un espectáculo para gozar en familia enmarcado en Entradiñas de Aninovo

- Anuncio -spot_img

Trala estrea da segunda edición deste ciclo de concertos en Vigo, da man da Banda Filharmónica da cidade, Entradiñas de Aninovo chega o sábado á capital dezá da man do músico estradense Javier Otero, que presentará tres temas con letras propias interpretadas por Tania Caamaño

A Deputación de Pontevedra leva ata Lalín “Néboas”, de Javier Otero, un espectáculo para gozar en familia enmarcado na segunda edición de Entradiñas de Aninovo, o ciclo de concertos do organismo provincial que percorrerá a provincia ata o 17 de xaneiro de 2026. Trala estrea da segunda edición do programa en Vigo, da man da Banda Filharmónica da cidade, chega este sábado 21 de decembro, ás 17:00 horas, ao Museo Municipal Ramón Mª Aller da capital dezá da man do músico estradense Javier Otero, que presentará tres temas con letras propias interpretadas por Tania Caamaño.

 “Néboas”, de Javier Otero, que tamén levará a Deputación de Pontevedra ata o Círculo Recreativo e Cultural do Porriño o próximo 26 de decembro, é un espectáculo onde as emocións se moven coma vapor.  O piano, a electrónica e a vez mestúranse en texturas sonoras que evocan a sensación de estar envolto na néboa, con capas de son que desaparecen e reaparecen, creando unha atmosfera misteriosa. Ademais, durante o concerto, Tania Caamaño interpretará tres temas con letras propias de Javier Otero: “Dixen si”, Que é voar” e “Vida ao revés”.

Javier Otero iniciou os seus estudos musicais na Estrada, o seu pobo natal, e rematounos no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Sempre estivo interesado na música de vangarda e os novos formatos de concertos. Gañou primeiros premios en concursos nacionais e internacionais e desde hai anos apostou pola creación do seu propio selo discográfico co que sacou ao mercado varios traballos. “Reconstruction” foi un punto e aparte na súa carreira como creador e intérprete e o 12 de novembro de 2024 estreou a súa primeira ópera en galego.

Publicacións Relacionadas