HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva ata O Porriño “Néboas”, de Javier Otero, un espectáculo...

A Deputación leva ata O Porriño “Néboas”, de Javier Otero, un espectáculo para gozar en familia enmarcado na segunda edición de Entradiñas de Aninovo

- Anuncio -spot_img

O concerto do músico estradense Javier Otero celebrarase este venres no Círculo Recreativo e Cultural ás 21:00 horas e presentará tres temas con letras propias interpretadas por Tania Caamaño

A Deputación de Pontevedra leva ata O Porriño “Néboas”, de Javier Otero, un espectáculo para gozar en familia enmarcado na segunda edición de Entradiñas de Aninovo, o ciclo de concertos do organismo provincial que percorrerá a provincia ata o 17 de xaneiro de 2026. Este venres 26 de decembro, ás 21:00 horas, o músico estradense Javier Otero actuará no Círculo Recreativo e Cultural, e presentará tres temas con letras propias interpretadas por Tania Caamaño.

 “Néboas”, de Javier Otero é un espectáculo onde as emocións se moven coma vapor.  O piano, a electrónica e a vez mestúranse en texturas sonoras que evocan a sensación de estar envolto na néboa, con capas de son que desaparecen e reaparecen, creando unha atmosfera misteriosa. Ademais, durante o concerto, Tania Caamaño interpretará tres temas con letras propias de Javier Otero: “Dixen si”, Que é voar” e “Vida ao revés”.

Javier Otero iniciou os seus estudos musicais na Estrada, o seu pobo natal, e rematounos no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Sempre estivo interesado na música de vangarda e os novos formatos de concertos. Gañou primeiros premios en concursos nacionais e internacionais e desde hai anos apostou pola creación do seu propio selo discográfico co que sacou ao mercado varios traballos. “Reconstruction” foi un punto e aparte na súa carreira como creador e intérprete e o 12 de novembro de 2024 estreou a súa primeira ópera en galego.

Publicacións Relacionadas