Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación leva ata Sanxenxo a mostra “Cines de Pontevedra”, na que...

A Deputación leva ata Sanxenxo a mostra “Cines de Pontevedra”, na que recupera a memoria e a ilusión das antigas salas da provincia

- Anuncio -

A exposición poderá verse na Sala Nauta entre o 25 de outubro e o 17 de novembro

Tras estar exposta no vestíbulo do Pazo provincial da Deputación de Pontevedra, no Concello de Salvaterra e no da Estrada, a mostra “Cines de Pontevedra. Memoria dunha ilusión” continúa a súa viaxe pola provincia cunha nova parada en Sanxenxo. A exposición poderá verse na Sala Nauta entre o 25 de outubro e o 17 de novembro.

A mostra promovida pola Deputación busca recuperar os recordos dos vellos cines, daqueles de sala única que se espallaron ao longo do século XX polas cidades, vilas e localidades da provincia e que, salvo contadas excepcións, pertencen xa ao pasado. Desta maneira, recupera testemuños da importancia social e cultural que tiña ir ao cine, desde os espazos e arquitecturas que foron acollendo o espectáculo ao conxunto de actividades, prácticas sociais e relacións artelladas nos tempos en que o cine era a principal forma de ocio, e tamén a máis barata. Ademais de restos materiais das vellas salas e dos documentos de arquivo, as vivencias arredor do espectáculo do cine subsisten na memoria e nos recordos das últimas xeracións que coñeceron aqueles tempos. Deste xeito, o proxecto complétase coas memorias e vivencias de persoas da provincia, un traballo para o que se realizaron máis de 500 enquisas.

Despois do seu paso por Sanxenxo, onde se poderá visitar na Sala Nauta entre o 25 de outubro e o 17 de novembro, a exposición ten previsto continuar o seu percorrido polos concellos da provincia, con parada, antes de rematar o ano, na Sede de Vigo da Deputación.

Relacionadas

Arranca o obradoiro “O Noso Encontro co Emprego” no que 16 mozos formaranse mentres...

0
• Ata o vindeiro mes de outubro de 2025 o alumnado recibirá formación en albanelería e carpintería de madeira O Porriño acolleu hoxe a presentación...

O Rosal celebrará Samaín entre enigmas e castañas

0
O Concello organiza o vindeiro 31 de outubro un xogo de pistas ao aire libre para toda a familia. A xornada rematará cun magosto...

A concellería de Igualdade de Baiona organiza charlas e talleres gratis centrados en saúde...

0
A concellería de Igualdade do Concello de Baiona organizará charlas e talleres gratuítos que se centrará na saúde feminina dentro da programación Baiona Lila...

O Grupo provincial do PP solicita o mantemento da gratuidade dos bonos de media...

0
• Os deputados provinciais populares veñen de rexistrar unha moción na Deputación de Pontevedra onde indican que os cidadáns da provincia, ao igual que...

A agrupación socialista de Vilagarcía esixe ao PP que “cumpra coas demandas históricas aínda...

0
José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG, visitou a capital arousana para respaldar as reivindicacións e destacou a importancia de construír a estación...

O PP de Pontevedra acusa ao ministro Óscar Puente de ter paralizada e illada...

0
A senadora popular Nidia Arévalo denuncia a tardanza na posta en marcha das obras de mellora do túnel do Folgoso, que afectarán ao tráfico...

Publicacións Relacionadas