HomeDezaAgoladaA Deputación leva este domingo a Agolada o programa provincial +Música cunha...

A Deputación leva este domingo a Agolada o programa provincial +Música cunha actuación da Banda da Balbina

- Anuncio -spot_img

O grupo actuará na Praza do Concello ás 13:30 horas no marco da XXVIII Mostra de Artesanía de Agolada

+Música está dotado este ano de 700.000 €, 100.000 € máis que o pasado ano, para colaborar cos concellos na súa programación cultural e difundir e fomentar a lingua e cultura galegas

A Deputación de Pontevedra leva este domingo 10 de agosto a Agolada un concerto da Banda da Balbina enmarcado na nova edición de +Música, o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e, con isto, difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas. A actuación terá lugar na Praza do Concello ás 13:30 horas no marco da XXVIII Mostra de Artesanía.

A proposta da Banda da Balbina para Agolada integra música e letras orixinais, 100% en lingua galega, con ritmos festeiros e unha retranca propia de Galicia. Ademais das súas pezas máis coñecidas, como “Estomballada” ou “Balbina a bailadora”, no concerto interpretarán pezas con letras de Rosalía de Castro ou protagonizadas por personaxes mítico-históricos como a bandoleira “Pepa a Loba”.

O concerto da Banda da Balbina é unha das 78 actuacións de +Música que se celebrarán entre os meses de maio e decembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Este programa provincial ten un orzamento de 700.000 euros, 100.000 euros máis que na pasada edición, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel. A través de +Música, a institución provincial aposta pola descentralización da cultura e a programación de actos culturais de calidade.

Publicacións Relacionadas