A proxección da longametraxe de Simón Casal terá lugar na Biblioteca municipal ás 19:30 horas
O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual, está a desenvolverse este ano, ademais de en Marín, en Mondariz, Salvaterra de Miño e Vilanova de Arousa
A Biblioteca municipal de Marín acolle este martes 21 de outubro ás 19:30 horas a proxección do longametraxe “Xustiza artificial”, de Simón Casal. A actividade forma parte do Ciclo Mestre Mateo, unha iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Academia Galega do Audiovisual para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia.
Simón Casal propón ao espectadores de Marín unha cinta de intriga. “Xustiza artificial” narra a historia de como un sistema de intelixencia artificial do goberno español promete automatizar e despolitizar o proceso xudicial. Ao longo da longametraxe, descubrirase como o desenvolvemento dese proxecto desvelará unha conspiración para controlar todo o país.
Este ano, a programación da nova edición do Ciclo Mestre Mateo terá lugar en Marín, Mondariz, Salvaterra de Miño e Vilanova de Arousa. Ademais de “Xustiza artificial”, no mes de outubro en Marín proxectarase o documental “Filmei paxaros voando” (28 de outubro).