HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva este mércores a Ribadumia un espectáculo infantil e inclusivo...

A Deputación leva este mércores a Ribadumia un espectáculo infantil e inclusivo de Silvia Penide a través do programa provincial +Música

- Anuncio -spot_img

A artista actuará acompañada dunha intérprete de lingua de signos na Carballeira de Ribadumia ás 12:00 horas

+Música está dotado este ano de 700.000 €, 100.000 € máis que o pasado ano, para colaborar cos concellos na súa programación cultural e difundir e fomentar a lingua e cultura galegas

A Deputación de Pontevedra leva este mércores 13 de agosto a Ribadumia un espectáculo infantil de Silvia Penide enmarcado na nova edición de +Música, o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e, con isto, difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas. A actuación terá lugar na Carballeira a partir das 12:00 horas.

Silvia Penide leva máis de 20 anos de carreira musical con diferentes traballos discográficos e dous Premios Martín Codax da Música, ademais de percorrer os escenarios de toda Galicia e España, e doutros países como Nueva York, Italia ou Eslovenia. O espectáculo infantil “Diferentes Diferenzas”, dirixido a cativos de 4 a 12 anos e baseado no libro do mesmo nome, trata de concienciar sobre a importancia de respectar o diferente e demostrar que a diferenza sempre suma. Ademais da súa guitarra e voz, Silvia propón en Ribadumia unha actuación inclusiva acompañándose da intérprete de lingua de signos Natalia Navaza, que tamén ensinará palabras ao público.

O espectáculo de Silvia Penide é unha das 78 actuacións de +Música que se celebrarán entre os meses de maio e decembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Este programa provincial ten un orzamento de 700.000 euros, 100.000 euros máis que na pasada edición, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel. A través de +Música, a institución provincial aposta pola descentralización da cultura e a programación de actos culturais de calidade.

Publicacións Relacionadas