HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva este mércores ata Ponte Caldelas a xeira de contacontos...

A Deputación leva este mércores ata Ponte Caldelas a xeira de contacontos ‘Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas’

- Anuncio -spot_img

Trátase dunha actividade organizada pola institución provincial en colaboración con Polo Correo do Vento co gallo das Letras Galegas que se desenvolverá na Casa da Cultura ás 12:30 horas

“Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas” percorrerá 35 concellos da provincia ata finais de xullo

A Deputación de Pontevedra leva este mércores, 23 de xullo, ata A Lama e Ponte Caldelas a xeira de contacontos ‘Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas’ organizada en colaboración coa compañía Polo Correo do Vento co gallo das Letras Galegas. A actividade terá lugar ás 12:30 horas na Casa da Cultura e continuará ao longo do mes ata completar as 35 citas programadas destes obradoiros nos concellos da provincia.

Con esta actividade, a Deputación ten por obxectivo divulgar entre a infancia o papel fundamental das cantareiras para a conservación e difusión da lingua galega. Deste xeito, os obradoiros percorren a biografía destas mulleres (personificadas nalgunhas figuras como as de Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema e mais Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes das Pandeireteiras de Mens, de Malpica) dun xeito ameno e participativo. Durante a actividade tamén se interpretarán as pezas que cantaban estas mulleres, ademais de pezas propias de cada unha das localidades onde se desenvolvan as accións, e concluirá cun obradoiro de debuxo no que os nenos e nenas terán que realizar unha caricatura dunha pandeireteira.

Despois de visitar Ponte Caldelas este mércores, chegar a Cangas do Morrazo este xoves, e tras percorrer Vilaboa, Moraña, Meaño, A Lama, Ribadumia, Cambados, O Rosal, Oia, Cuntis, O Grove, O Porriño, Gondomar, Vila de Cruces, Barro, Bueu, Vilanova de Arousa, Pazos de Borbén, Mondariz, Moaña, Cerdedo-Cotobade, As Neves, Tomiño, Catoira, Poio, Redondela, Mos, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Portas e Vilagarcía de Arousa, “Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas” completará o percorrido pola provincia con actividades en Pontecesures,  Soutomaior e Mondariz-Balneario.

Publicacións Relacionadas