HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva este sábado a Guadi Galego ata Ribadumia a través...

A Deputación leva este sábado a Guadi Galego ata Ribadumia a través do programa provincial +Música

- Anuncio -spot_img

O grupo actuará na Praza do Concello ás 21:30 horas no marco do seu Mes da Diversidade

+Música está dotado este ano de 700.000 €, 100.000 € máis que o pasado ano, para colaborar cos concellos na súa programación cultural e difundir e fomentar a lingua e cultura galegas

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 21 de xuño a Ribadumia un concerto de Guadi Galego enmarcado na nova edición de +Música, o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e, con isto, difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas. A actuación terá lugar na Praza do Concello a partir das 21:30 horas como parte da programación do Mes da Diversidade.

Guadi Galego, unha das voces femininas máis relevantes do panorama musical galego das últimas décadas, presentará en Ribadumia o seu espectáculo “Síntese Horizonte”. Trátase dunha aposta da artista pola evolución do seu son, pois con cada disco e con cada espectáculo, foi aprendendo a desprenderse do establecido. Acompañada dunha portentosa banda e cunha produción que destaca pola súa coidada iluminación e posta en escena, Guadi Galego confirmará unha vez máis o poder transformador que ten a música ao vivo.

O concerto de Guadi Galego é dunha das 78 actuacións de +Música que se celebrarán entre os meses de maio e decembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Este programa provincial ten un orzamento de 700.000 euros, 100.000 euros máis que na pasada edición, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel. A través de +Música, a institución provincial aposta pola descentralización da cultura e a programación de actos culturais de calidade.

Publicacións Relacionadas