O grupo actuará na Praza do Castro ás 22:00 horas no marco da XXX Festa do Mexillón e o Berberecho
+Música está dotado este ano de 700.000 €, 100.000 € máis que o pasado ano, para colaborar cos concellos na súa programación cultural e difundir e fomentar a lingua e cultura galegas
A Deputación de Pontevedra leva este sábado 9 de agosto a Vilanova de Arousa un concerto de Milladoiro enmarcado na nova edición de +Música, o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e, con isto, difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas. A actuación terá lugar na Praza do Castro ás 22:00 horas no marco da XXX Festa do Mexillón e o Berberecho.
Milladoiro leva máis de 40 anos percorrendo espazos, silencios e xeografías intentando atopar a beleza detrás de cada pentagrama, coa memoria do país e a pobreza socio-ambiental moi presentes. O grupo subirase ao escenario en Cuntis para facer un percorrido polos seus temas máis emblemáticos, así como para presentar as cancións do seu novo disco “Atlántico”.
O concerto de Milladoiro é unha das 78 actuacións de +Música que se celebrarán entre os meses de maio e decembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Este programa provincial ten un orzamento de 700.000 euros, 100.000 euros máis que na pasada edición, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel. A través de +Música, a institución provincial aposta pola descentralización da cultura e a programación de actos culturais de calidade.