HomePontevedraA ParadantaA Deputación leva este sábado ata Covelo unha nova xornada do programa...

A Deputación leva este sábado ata Covelo unha nova xornada do programa de convivencias veciñais +Convivir

- Anuncio -spot_img

Trátase da undécima das xornadas da segunda edición desta iniciativa destinada ao movemento veciñal que chegará este sábado ao Pavillón municipal a partir das 16:30 horas

+Convivir xa pasou por Fornelos de Montes, Redondela, Salceda de Caselas, A Lama, Baiona, Rodeiro, Ribadumia, Bueu, Gondomar, Tui e tras Covelo pecharase en decembro en Forcarei

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 29 de novembro ata Covelo unha nova xornada do programa de convivencias veciñais +Convivir. Trátase da undécima actividade da segunda edición desta iniciativa destinada ao movemento veciñal que xa pasou este ano por Fornelos de Montes, Redondela, Salceda de Caselas, A Lama, Baiona, Rodeiro, Ribadumia, Bueu, Gondomar, Tui e chegará este sábado ao Pavillón municipal de Covelo a partir das 16:30 horas, coa presenza do deputado de Acción Comunitaria Javier Tourís.

A actividade prevé sumar a centos de persoas que gozarán dunha xornada lúdica pero tamén de aprendizaxes. Neste eido, no Pavillón municipal de Covelo haberá unha charla sobre nutrición, un obradoiro de risoterapia e tamén unha sesión de zumba. A xornada completarase con música e cun refrixerio para as persoas asistentes.

+Convivir é un programa provincial co que a Deputación de Pontevedra demostra o seu compromiso co tecido asociativo veciñal e enxalza o papel que este desenvolve para o avance da provincia. O pasado ano, foron case 4.000 as persoas que desfrutaron das sete citas organizadas pola institución ao longo da xeografía provincial. A edición deste ano pecharase en decembro en Forcarei.

Publicacións Relacionadas