HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva este sábado ata Ribadumia unha nova xornada do programa...

A Deputación leva este sábado ata Ribadumia unha nova xornada do programa de convivencias veciñais +Convivir

- Anuncio -spot_img

O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, presentou esta iniciativa destinada ao movemento veciñal que xa pasou por Fornelos de Montes, Redondela, Salceda de Caselas, A Lama, Baiona e Rodeiro, e chegará este sábado ao Pavillón municipal de Barrantes a partir das 16:30 horas

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 18 de outubro ata Ribadumia unha nova xornada do programa de convivencias veciñais +Convivir. O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, presentou esta iniciativa destinada ao movemento veciñal que xa pasou este ano por Fornelos de Montes, Redondela, Salceda de Caselas, A Lama, Baiona e Rodeiro, e chegará esta semana ao Pavillón municipal de Barrantes a partir das 16:30 horas.

“Agardamos que a veciñanza de Ribadumia se sume a esta proposta que temos deseñado desde a Deputación de Pontevedra, na que gozaremos dunha xornada lúdica pero tamén de aprendizaxes”, subliñou Javier Tourís. Ao respecto, o deputado indicou que haberá sesións formativas de risoterapia, así como obradoiros relacionados coa nutrición e unha sesión de bailes de salón. Ademais, a actividade completarase con música e cun refrixerio para as persoas asistentes.

+Convivir é “un programa provincial co que demostramos o noso compromiso co tecido asociativo veciñal e co que queremos enxalzar o papel clave que este desenvolve para o avance da provincia”, remarcou Tourís. Ademais de Fornelos de Montes, Redondela, Salceda de Caselas, A Lama, Baiona, Rodeiro e agora Ribadumia, o programa chegará este ano a Gondomar, Pontevedra, Bueu, Oia, Barro e Tui. O pasado ano, foron case 4.000 as persoas que desfrutaron das sete citas organizadas pola institución ao longo da xeografía provincial.

Publicacións Relacionadas