Home O Condado As Neves A Deputación leva este sábado o circuíto +Escénicas ata Pazos de Borbén...

A Deputación leva este sábado o circuíto +Escénicas ata Pazos de Borbén e As Neves

- Anuncio -

“Contos na lareira” de Iván Davila poderase ver ás 18.00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén e “Running” de De Ste Xeito Producións ás 20:00 horas no Auditorio municipal das Neves

+Escénicas trátase dun novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros, que espallará unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia ata marzo de 2025

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 2 de novembro o circuíto +Escénicas ata Pazos de Borbén e As Neves. “Contos na lareira” de Iván Davila poderase ver ás 18:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén e “Running” de De Ste Xeito Producións ás 20:00 horas no Auditorio municipal das Neves. +Escénicas trátase dun novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros, que vai espallar unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia ata marzo de 2025.

“Contos na lareira” trátase dun espectáculo familiar, de 45 minutos, no que se afonda en historias tradicionais galegas con chiscadelas ao presente. En Pazos de Borbén e a través desta peza teatral, Iván Davila abordará cuestións como o coidado da natureza, a reciclaxe, a exaltación da lingua, a igualdade e a importancia dunha boa comunicación como resolución de conflitos.

Pola súa banda “Running”, dirixido a maiores de 12 anos, chegará ata As Neves para afondar nas axendas das familias, nos deberes e obrigas, nos coidados. A través de a través de Xulia e Román, dúas persoas que aínda non saben se tanto se queren pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional ven facendo dende hai máis de 15 anos. Ao seu abeiro a cada concello correspóndelle unha achega máxima de 3.400 euros e para a súa posta en marcha a institución provincial lanzou un amplo catálogo de espectáculos de danza e teatro que está dispoñible na páxina web da Deputación de Pontevedra.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Publicacións Relacionadas