HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva este sábado o programa Son Verán a Forcarei cun...

A Deputación leva este sábado o programa Son Verán a Forcarei cun concerto de Teo Cardalda e María Monsonís en homenaxe a Valle Inclán

- Anuncio -spot_img

Teo Cardalda e María Monsonís ofrecerán o concerto “Descubrindo a Valle Inclán” en homenaxe ao autor no marco deste programa provincial que se pecha o domingo en Vilanova de Arousa

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 25 de outubro o programa provincial Son Verán a Forcarei cun concerto en homenaxe a Valle Inclán a cago de Teo Cardalda e María Monsonís. A actuación terá lugar no Auditorio de Soutelo de Montes a partir das 20:30 horas no marco desta nova iniciativa provincial, un ciclo de 13 concertos entre os meses de agosto a outubro en enclaves e espazos patrimoniais e paisaxísticos dos concellos da provincia.

“Descubrindo a Valle Inclán” trátase dun espectáculo que mestura música e literatura, que bebe do traballo discográfico Claves líricas, editado por Altafonte, e que contén un libro disco con manuscritos, fotografías, láminas inéditas e nove poemas de Valle Inclán musicalizados por Teo Cardalda. Deste xeito, proporcionará aos asistentes en Vilanova de Arousa un novo xeito de achegarse á figura deste ilustre escritor, á súa dimensión creativa e tamén para recordar a estreita relación que gardou coa súa provincia natal, coa que tivo un vínculo especial e que tanto marcou a súa traxectoria literaria.

Esta primeira edición de Son Verán, cun grande éxito de público, está a levar nomes recoñecidos do panorama musical galego a contornas paisaxísticas e patrimoniais de referencia na provincia de Pontevedra. Trece citas en total que, ademais de  “Descubrindo a Valle Inclán” de Teo Cardalda e María Monsonís, xa levaron a música tradicional e celta de Carlos Núñez e Óscar Ibáñez ao Castro da Troña en Ponteareas, ao Mosteiro de Poio e a Vilanova de Tenorio en Cerdedo-Cotobade; concertos de Emilio Rúa ata Vila de Cruces, O Rosal e A Cañiza; e a homenaxe a Montserrat Caballé e Luciano Pavarotti no porto de Cangas, na excolexiata de Baiona e no auditorio de Sanxenxo.

Publicacións Relacionadas