HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva este venres a Moaña o circuíto +Escénicas cun espectáculo...

A Deputación leva este venres a Moaña o circuíto +Escénicas cun espectáculo musical e de clown para todos os públicos

- Anuncio -spot_img

O “Concerto punkinfantil”, do pallaso Peter Punk e Brais das Hortas, terá lugar ás 18:00 horas no Espazo Nadal

+Escénicas é o circuíto da institución provincial que leva unha completa programación de teatro e danza aos concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra leva este venres 12 de decembro o circuíto +Escénicas ao concello de Moaña da man dunha proposta musical e de clown para nenos e nenas a cargo do pallaso Peter Punk e Brais das Hortas. Trátase dunha actuación enmarcada na segunda edición desta iniciativa provincial, que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cun orzamento de 195.000 euros, 45.000 euros máis que na súa primeira convocatoria.

“Concerto punkinfantil”, que terá lugar no Espazo Nadal ás 19:00 horas, amosa como un cantante punk e un cantante infantil están condenados a compartir escenario e acaban creando un delirio musical. Tras descubrirse e recoñecerse van confluíndo nun espazo común dando como resultado este espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais e acollendo as inquedanzas das cativas e cativos.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación dá resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. Tralo éxito da primeira edición, entre abril de 2025 e marzo de 2026 representaranse un total de 136 funcións, escollidas entre un catálogo de espectáculos dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra, en 50 concellos da provincia de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas