Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación leva este venres a Mondariz-Balneario “Tinta do mar: pequena biografía...

A Deputación leva este venres a Mondariz-Balneario “Tinta do mar: pequena biografía de Luísa Villalta”, un contacontos para homenaxear a autora protagonista das Letras Galegas 2024

- Anuncio -

A actividade, que alternará narración, ilustración e música, chegará tamén neste mes de xullo a Ponte Caldelas, O Rosal, Gondomar, Moraña, Salceda, Meaño, Ribadumia, Pontecesures, Mos, Portas, Catoira e Forcarei

A Deputación continúa esta semana levando polos concellos da provincia “Tinta do mar: pequena biografía de Luísa Villalta”, un contacontos para festexar as Letras Galegas e divulgar a traxectoria da autora homenaxeada neste 2024. En concreto, e despois de visitar Baiona, O Porriño e Vila de Cruces a pasada semana, este venres 12 de xullo chega a Mondariz-Balneario, ás 20:00 horas na parte traseira da Casa do Concello.

Polo Correo do Vento será o encargado de executar este contacontos ilustrado en Mondariz-Balneario que consistirá, por unha banda, na narración da vida de Luísa Villalta e na creación dunha ilustración sobre a autora. Ademais, abrangue a interpretación de distintas pezas musicais e pecharase cun pequeno coloquio adaptado á idade da rapazada participante. Completarase a sesión cun obradoiro no que cada asistente realizará a súa propia caricatura de Villalta.

Tralo seu paso por Mondariz-Balneario, “Tinta do mar: pequena biografía de Luísa Villalta” continuará percorrendo a provincia e chegará o 15 de xullo a Ponte Caldelas; o 16 de xullo a O Rosal e Gondomar; o 17 de xullo a Moraña e Salceda de Caselas; o 22 de xullo a Meaño e Ribadumia; o 23 de xullo a Pontecesures; o 26 de xullo a Mos, así como tamén a Portas, Catoira e Forcarei (nestes últimos tres concellos pendentes de asignar data).

A Real Academia Galega (RAG) dedicoulle o Día das Letra Galegas 2024 á escritora, filóloga e violinista galega Luísa Villalta. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, artigos xornalísticos e traducións, e a RAG destaca dela que foi “creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90”.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas