Home O Condado As Neves A Deputación leva este venres ata Moraña a proxección de “¡Salta!” no...

A Deputación leva este venres ata Moraña a proxección de “¡Salta!” no marco do Ciclo Mestre Mateo

- Anuncio -

A película poderá verse no Multiúsos da vila ás 19:30 horas

O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual, chegará tamén aos concellos de Cerdedo-Cotobade, Ribadumia e As Neves

O Multiúsos de Moraña acolle este venres 27 de decembro unha proxección cinematográfica do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia. Nesta sesión, ás 19.30 horas, exhibirase o filme “¡Salta!”, dirixido por Olga Osorio e protagonizado por Tamar Novas, Mario Santos, Marta Nieto e Rubén Fulgencio, entre outros.

En “¡Salta!” Óscar e Teo son dous irmáns, moi distintos entre si, que viven nun modesto piso de barrio. Teo é futboleiro e un pouco fervellasverzas, Óscar un sabichón que prefire pasar as tardes de verán estudando a teoría da relatividade. En realidade, cada un lidia á súa maneira coa desaparición da súa nai, unha prometedora científica obsesionada cos buratos de verme.

A programación desta nova edición do Ciclo Mestre Mateo chegará, ademais de a Moraña, a Ribadumia, Cerdedo-Cotobade, e As Neves. Ademais de “¡Salta!”, a película que chega este venres a Moraña, e de “Fatum”, “O Corno” e “Matria” ao abeiro deste Ciclo poderase desfrutar dos documentais: “Emoción, vida e teatro, a nave das Marías”, “A viaxe de Lucy”, “Chichi e mais eu” e a gañadora do Mestre Mateo ao mellor documental “Os espazos en branco”.

Relacionadas

Unha trintena de nenos con discapacidade desfrutarán do programa EsquiOU en Manzaneda

0
A Deputación celebra o éxito do compromiso adquirido coa inclusión social ao facilitar reservas para menores con dificultades, con boa resposta das familias A inscrición...

A Deputación avanza na dixitalización do ciclo da auga coa instalación de 2.000 contadores...

0
O proxecto OU-intelixente prevé a colocación de máis de 65.000 contadores en 81 concellos, dotando ás entidades locais de ferramentas tecnolóxicas para mellorar a...

2024 péchase como o ano da “sangría económica e da maior presión fiscal” consecuencia...

0
O BNG lembra que nos últimos 12 meses o Goberno local do PP incrementou a débeda municipal ata niveles non vistos desde hai máis dunha década,...

Pazolandia consolídase como o gran parque de atraccións de Nadal con máis de 3.000...

0
As familias volven apostar polo programa de ocio da Deputación de Ourense, un clásico destas datas festivas que ademais mantén os prezos do ano...

O Rosal, epicentro do balonmán co Handball Cup do Valinox Novás

0
Máis de 150 nenos e nenas participan dende hoxe ata o 28 de decembro neste trofeo transfronteirizo organizado en colaboración co Concello Nadal cheo de...

Raquel Atanes e Juan darán as badaladas por adiantado no Porriño ao ritmo de...

0
● O luns 30 de decembro a vila do Louro acollerá o seu tradicional pre fin de ano, coa edición infantil como xa marca...

Publicacións Relacionadas