Free Porn
xbporn
Home Pontevedra A Paradanta A Deputación leva este xoves, Día de Galicia, ata Covelo, Baiona, O...

A Deputación leva este xoves, Día de Galicia, ata Covelo, Baiona, O Grove, As Neves, O Rosal e Redondela concertos do programa provincial +Música

- Anuncio -

A Roda soará en Covelo, Astrot nas Neves, Roi Casal en Baiona, a Orquestra de Cámara Galega no Grove, Fillas de Cassandra no Rosal e Sés en Redondela

A Deputación de Pontevedra financia a través do programa “+Música” seis actuacións musicais o vindeiro xoves, 25 de xullo, Día de Galicia, en Covelo, Baiona, O Grove, As Neves, O Rosal e Redondela. Deste xeito, A Roda soará na carballeira do Campo da Feira de Covelo (16:45 h), Astarot nas Neves, Roi Casal en Baiona, a Orquestra de Cámara Galega no Auditorio Municipal do Grove (21:00 h), Fillas de Cassandra na Praza do Calvario do Rosal (21:30 h) e Sés no Paseo Marítimo de Chapela en Redondela (22:00 h).

A Roda é un dos grupos máis coñecidos no panorama da música galega. Ofrecerá en Covelo un repertorio de temas tradicionais do cancioneiro popular, xunto con temas instrumentais, autógrafos e musicación de letras dos autores galegos máis coñecidos.

Nas Neves, Astarot ofrecerá un concerto no que conmemorará o 40 aniversario do grupo, interpretando unha serie de temas que forman parte da Cultura Galega incluídos na súa traxectoria discográfica e musical. Destacan a versión dos clásicos galegos, temas populares e cancións propias do grupo.

Pola súa banda Roi Casal, un dos grandes expoñentes da música galega actual a nivel internacional, presentará en Baiona “Ambos Mundos”, a súa nova xira na que porá sobre o escenario as súas producións en Estados Unidos xunto cos seus grandes éxitos.

A Orquestra de Cámara Galega ofrecerá no Grove algunhas das pezas máis emblemáticas que abranguen desde o barroco ata os nosos días, dando a coñecer a música de compositores galegos cunha especial mención á obra de Rogelio Groba.

No Rosal Fillas de Cassandra, integrado por María SOA e Sara Faro, presentan pezas do seu repertorio, que aposta pola recuperación das melodías tradicionais e a creación de novas líricas inspiradas no canto de tradición oral con influenzas do pop, a electrónica e música clásica.

E a cantautora Sés presentará no Paseo Marítimo de Chapela o seu oitavo e último traballo discográfico, “Diante un eco”, unha volta aos inicios así como unha reafirmación da estética popular da que a artista se sente debedora.

Estes seis concertos enmárcase en +Música, a iniciativa coa que a institución provincial pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un catálogo de artistas galegos e en galego co obxectivo de fomentar a cultura e lingua galega, así como impulsar a reputación da provincia de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel. Trátanse de seis das 59 actuacións que se están a celebrar entre maio e setembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia: 5 en maio, 2 en xuño, 20 en xullo, 26 en agosto e 6 en setembro. “+Música” ten un orzamento de 600.000 euros, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas