HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva este xoves o ciclo +Escénicas a Vilanova de Arousa...

A Deputación leva este xoves o ciclo +Escénicas a Vilanova de Arousa cun espectáculo de monicreques, maxia e clown

- Anuncio -spot_img

O espectáculo “Ilusionante” representarase a cargo da compañía Expresión Producións na Confraría de pescadores ás 12:00 horas

+Escénicas é o circuíto da institución provincial que leva unha completa programación de teatro e danza aos concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra leva este xoves 4 de decembro o circuíto +Escénicas ao concello de Vilanova de Arousa da man dun espectáculo de monicreques, maxia e clown a cargo da compañía Expresión Producións. Trátase dunha actuación enmarcada na segunda edición desta iniciativa provincial, que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cun orzamento de 195.000 euros, 45.000 euros máis que na súa primeira convocatoria.

O espectáculo “Ilusionante” representarase na Confraría de pescadores a partir das 12:00 horas e trátase dun espectáculo para toda a familia con teatro, monicreques, contacontos, maxia, animación, clown e música en directo. A peza amosa a historia dun libro máxico xigante do que aparecen uns fantásticos personaxes, que contarán historias, farán maxia, argallarán algunha trasnada e tamén cantarán. Todo isto mesturado con moito humor para facer rir tanto a maiores como a cativos.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación dá resposta a unha demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. Tralo éxito da primeira edición, entre abril de 2025 e marzo de 2026 representaranse un total de 136 funcións, escollidas entre un catálogo de espectáculos dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra, en 50 concellos da provincia de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas