test
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación mantén aberto ata este venres, 21 de xuño, o prazo...

A Deputación mantén aberto ata este venres, 21 de xuño, o prazo para participar nos concursos escolares do deseño da Axenda Urbana e Rural da provincia

- Anuncio -

“Deseña a túa provincia con Minecraft”, “Challenge Kahoot!: Coñece a Axenda Urbana” e “Caderno da Axenda Urbana” están dirixidos ao alumnado de educación primaria, especial e secundaria dos colexios da provincia

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata este venres, 21 de xuño, o prazo para participar nos concursos escolares “Deseña a túa provincia con Minecraft”, “Challenge Kahoot!: Coñece a Axenda Urbana” e “Caderno da Axenda Urbana”, cos que avanza no proceso de elaboración da Axenda Urbana e Rural da Provincia de Pontevedra (AUPO2030) para deseñar un modelo de desenvolvemento territorial de provincia máis sostible, resiliente, inclusivo e seguro. O obxectivo destes concursos é, por unha banda, fomentar a participación da poboación infantil e xuvenil neste proceso, reforzando así os valores cívicos e o compromiso das futuras xeracións e, pola outra, que os mozos coñezan a AUPO2030 e os seus obxectivo claves. Os concursos están dirixidos ao alumnado de educación primaria, especial e secundaria (ESO, bacharelato e FP básica ou de grao medio) dos centros escolares da provincia, que poderán participar de forma individual ou en grupo.

Máis ao detalle, en “Deseña a túa provincia con Minecraft” a participación é individual e está enfocado ao alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º e 2º de bacharelato ou de FP básica ou grao medio. O obxectivo é desenvolver calquera tipo de deseño de cidade, vila, aldea, espazo público ou construción dentro do modo creativo do videoxogo Minecraft que estea relacionado coa AUPO2030 e cun ou varios dos obxectivos clave (“Coñece, goza e axuda á túa localidade ou cidade”, “O cambio climático parámolo xuntas e xuntos”, “Reciclo ‘por min e por todas e todos os meus compañeiros’”, “Unha cidade é intelixente cando a súa poboación o é” e “Se planificamos xuntas e xuntos, sairanos mellor”). Outorgaranse un total de catro premios: un primeiro, de 100 €; un segundo, de 75 €; o terceiro, de 50 €, e o cuarto, de 25 €.

“Challenge Kahoot!: Coñece a Axenda Urbana”, pola súa banda, invita a trasladar, mediante a gamificación, os obxectivos, liñas de actuación e a acción da Axenda Urbana cunha actividade interactiva, divertida e sinxela. Neste caso, a participación é grupal e está enfocada ao alumnado de 1º e 2º da ESO. Cada grupo terá acceso a unha batería de dez preguntas e, por cada pregunta, o alumnado visualizará unha diapositiva con contido relacionado coa Axenda Urbana, tendo 60 segundos para responder a cada unha delas. No desafío haberá un primeiro premio, de 150 € en material escolar, e un segundo, de 100 €.

Por último, “Caderno da Axenda Urbana” está pensado para o alumnado de 1º e 2º de primaria, que poderá participar en grupo. O obxectivo é deseñar un mural ou viñetas de banda deseñada nas que, a través do debuxo, plasmen o seu propio caderno da Axenda Urbana. Para iso, a Deputación proporcionará aos centros educativos instrucións previas e material de consulta da AUPO2030 para que a presenten previamente na aula. Neste caso, tamén se repartirán dous premios de 150 e 100 € en material escolar.

Tan só se admitirá unha solicitude de participación individual ou por grupo e aula, segundo o concurso no que se participe, que debe ser presentada a través da páxina web da Deputación, onde tamén se poden consultar todos os requisitos da convocatoria.

Relacionadas

Lete Lasa sinala que Moaña será o o epicentro do ciclismo galego ao acoller...

0
_Destaca a participación de 200 ciclistas nestes Campionatos e sinala o nome de Alejandra Neira, do Club Ciclista Cambre, que con tan só 16...

Luis López destaca a importancia de produtos innovadores como Tintilán, o bus turístico do...

0
O presidente provincial participa en Sanxenxo xunto co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na presentación dun proxecto piloto que se estreará este verán na...

Soutomaior acollerá o 13 de xullo a primeira edición do Festival ‘Son das Alvedosas’

0
O Concello de Soutomaior, da man da asociación cultural e xuvenil ‘Irmandiñas de Soutomaior’, organiza este evento musical e cultural. A concelleira de Xuventude, Rosana...

Unha viaxe de fantasía na procura das raíces coa Aula Municipal de Teatro do...

0
O alumnado rematará o curso subíndose ao escenario do auditorio municipal este venres 28 ás 21.00 horas Representarán ‘Vila Marabilla’, un espectáculo froito da creación...

Luis López adianta ao alcalde da Cañiza unha axuda de case 100.000 euros para...

0
O presidente provincial informou ao rexedor Luis Antonio Gómez Piña de investimentos por valor de máis de 1,3 millóns de euros ao abeiro de...

Rafa Domínguez presenta “Xulio Gil. Insercións” e remarca a calidade e beleza das pezas...

0
O vicepresidente provincial subliñou que “esta nova publicación contribuirá a completar o amplo catálogo do servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra” Participaron no acto...

Publicacións Relacionadas