HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación mantén aberto ata o próximo luns o prazo para que...

A Deputación mantén aberto ata o próximo luns o prazo para que os concellos soliciten as axudas ao financiamento de actividades de dinamización da lingua galega

- Anuncio -spot_img

A liña está dotada de 150.000 euros co obxectivo de incrementar o uso do galego na sociedade, en todos os ámbitos de importancia e repercusión social

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 7 de abril o prazo de solicitude das axudas para que os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia impulsen actividades de dinamización da lingua galega durante o presente ano. Esta liña suporá unha inxección de 150.000 euros cos que se poderán financiar programas e campañas de normalización e dinamización lingüística, actividades de sociolingüística e toponimia, iniciativas de fomento do emprego do galego no comercio e na industria, así como recoñecementos e distincións a prol da lingua.

Con esta convocatoria a Deputación busca colaborar cos concellos para incrementar o uso do galego en toda a sociedade, aumentando a efectividade das accións dinamizadoras, e potenciar o seu uso no ámbito socioeconómico e en todos aqueles de importancia e repercusión social. Poderán optar a financiamento programas de normalización e dinamización lingüística como certames literarios e xornalísticos que promovan a creación en lingua galega; actividades de creación que permitan asociar a lingua galega a valores positivos; proxectos de creación artística nos ámbitos do audiovisual, pódcasts, videoxogos, música e banda deseñada, especialmente os dirixidos á infancia e á mocidade; ademais de xornadas e eventos que promovan a creación en lingua galega. 

Tamén serán susceptibles de financiamento actividades de sociolingüística e toponimia como estudos, publicacións e xornadas; iniciativas de fomento do emprego do galego no comercio e na industria; campañas para a dinamización, uso e prestixio da lingua galega no ámbito comercial e socioeconómico; recoñecementos e distincións que permitan valorar persoas ou colectivos que transmitan valores positivos asociados á lingua galega así como o fomento do seu emprego en actividades de captación de neofalantes; e tamén actividades de dinamización e normalización que fomenten o seu emprego e a socialización en galego.

As axudas serán concedidas en réxime de concorrencia competitiva, ata un máximo do 75% do orzamento da actividade. A Deputación de Pontevedra financiará aqueles gastos relativos ás infraestruturas e aos espazos para o desenvolvemento do programa ou evento, á contratación de servizos técnicos e profesionais, á edición de publicación, á contratación de axentes e prensa e comunicación e de campañas publicitarias, aos cachés de grupos de artistas, así como aos gastos de desprazamento ou de aloxamento e manutención.

Publicacións Relacionadas