HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación mantén unha xuntanza co Concello de Mondariz para avanzar nas...

A Deputación mantén unha xuntanza co Concello de Mondariz para avanzar nas estradas provinciais “Ponte do Val-Barcia de Mera” e “Balneario-Fozara”

- Anuncio -spot_img

A deputada de Infraestruturas Públicas e Mobilidade, Belén Cachafeiro, mantivo unha reunión co alcalde de Mondariz, Pablo Barcia, para avanzar en proxectos nas estradas provinciais “Ponte do Val-Barcia de Mera” e “Balneario-Fozara”, ambas situadas no termo municipal.

Na reunión, ultimáronse os detalles da redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-4401, Mondariz-Balneario-Fozara, en Vilar, que prevé incluír unha senda peonil e cunetas e seguridade. Ademais, a deputada provincial e o alcalde estudaron o avance na redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-4306, Ponte de Val-Barcia de Mera (Sabaxáns), nos que se propón ensanchar a calzada. E Cachafeiro informou a Barcia das próximas actuacións de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial EP-4301 Riofrío-Borbén e de reposición e mellora do firme na EP-4303 Mondariz-Meirol.

Publicacións Relacionadas