Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación mobiliza case 1,3 millóns de euros en axudas para concellos,...

A Deputación mobiliza case 1,3 millóns de euros en axudas para concellos, entidades, deporte e movemento veciñal

- Anuncio -

A partida máis importante, 711.863,74 euros, está destinada á cooperación cunha vintena de entidades locais. As axudas a clubs, deportistas individuais e Copas Deputación alcanzan os 477.026,76 euros


Na reunión desta mañá aprobáronse as programacións do curso 2024-2025 do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e as escolas de Artes e Oficios e de Gaitas

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, na súa reunión semanal, vén de mobilizar case 1,3 millóns de euros (1.286.890,5 €) que irán destinados a cooperación cos concellos (711.863,74 €), colaboración con entidades (68.000 €), deportes (477.026,76 €) e asociacións veciñais (30.000 €).
No capítulo de cooperación cos concellos, aprobouse unha subvención a favor de Castrelo de Miño para a mellora da depuración por importe de 47.946,27 euros. Tamén deu o visto bo a unha axuda de 48.000 euros para a mellora da rega nas piscinas municipais de Cualedro e outra de 18.476,82 euros con destino á adquisición de vivendas sociais en Caxide (Parada de Sil).
Celanova disporá de 45.800 euros para actividades culturais e recreativas, mentres que Allariz recibirá tres subvencións: 15.000 euros para o arranxo da pista do pavillón municipal; 26.000 para a mellora do pavimento no paseo desde o tanatorio ata a cidade deportiva; e 29.000 euros para a reforma de espazos verdes.

Concedéronse tamén 48.000 euros para a humanización no núcleo de Vilar en Bande; 60.000 para obras de humanización da rúa Villacristobo en Carballeda de Valdedorras; a mesma cantidade a mellora da rúa Maneiro no Carballiño; e 38.987,18 euros para abastecemento, saneamento e pavimentación en Nocelo do Val (Castrelo do Val)
Coles vai dispor de 49.780 euros para a humanización do núcleo das Quintás da Barra; Melón terá 55.000 euros para a mellora da praza de Vilaverde; A Merca recibirá 60.000 euros para o parque infantil do Val do Seixo; A Peroxa terá 20.000 euros para o asfaltado de pistas; e Porqueira contará con 30.000 euros para cofinanciar o plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración e reestruturación parcelaria. Trasmiras terá catro achegas por un importe total de 59.873,47 euros para melloras e renovación de parques infantís no propio Trasmiras, en Vilaseca, Rabal e Soutelo.
No referido a colaboración con entidades foi aprobada unha subvención de 10.000 euros a favor da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia para gastos de funcionamento; 40.000 euros para actividades e gastos de funcionamento da Agrupación Musical da Limia; e tamén para gastos de funcionamento, a Asociación de Artesáns de Ourense contará con 18.000 euros.
Sinalar tamén outros asuntos, como dúas modificacións do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais que afectan aos concellos de Carballeda de Valdeorras e Esgos, así como unha rectificación sobre a modificación do citado plan en Verín. Tamén aprobouse o expediente elaborado para a contratación da concesión do servizo supramunicipal de xestión de residuos industriais non perigosos e especiais.
Axudas ao deporte
Entre os asuntos tratados na reunión, a Xunta de Goberno resolveu tres concursos referidos ao ámbito deportivo. Por unha banda, o procedemento de axudas a clubs deportivos de Ourense, que distribúe un total de 349.359,76 euros entre 97 clubs, agrupacións ou escolas.
Resolveuse tamén a concesión de subvencións para as Copas Deputación de 2024, por un importe de 89.167 euros destinados a 31 clubs, asociacións ou federacións. E, ademais, deuse o visto bo á concesión de subvencións a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais durante a temporada deportiva 2022-2023, na convocatoria de 2024, concedéndose un total de 38.500 en axudas a 45 deportistas.
Achegas aos colectivos veciñais
Pechouse tamén o concurso de concesión de subvencións para gastos de investimento das asociacións veciñais da provincia, concedéndose un total de 30.000 euros a 42 colectivos ourensáns, maioritariamente para equipamento, mobiliario e acondicionamento das súas sedes.
Novo curso no centro Xaquín Lorenzo e as escolas de Artes e Oficios e de Gaitas
Na sesión desta mañá aprobouse a programación de actividades do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo-Escola de Danza, para o curso 2024-2025. As persoas interesadas poderán matricularse nos obradoiros de baile tradicional; canto tradicional e pandeireta; gaita para grupos de acompañamento de baile tradicional; tecido artesán en teares tradicionais; e obradoiro de xogos populares.
A matrícula poderá formalizarse desde o 15 de setembro ata o 31 de outubro, no propio centro de cultura popular, no centro comercial das Lagoas. Os prezos van desde os 40 ata os 55 euros.
Tamén se aprobou a programación da Escola de Artes e Oficios para o curso académico 2024-2025, que inclúe debuxo e pintura, talla e escultura en madeira, modelado-escultura en barro e olería.
O curso desenvolverase entre o día 1 de outubro de 2024 e o 30 de xuño de 2025. O prazo de inscrición estará aberto do 2 ao 30 de setembro e formalizarase no Centro Cultural Marcos Valcárcel. O prezo da matrícula é de 50 euros por disciplina.
Tamén está xa lista a programación da Escola Provincial de Gaitas para o curso 2024-2025, cuxa actividade docente iniciarase o 1 de outubro e rematará o 30 de xuño. Os cursos ofertados son os ciclos elemental, medio, superior e adultos de gaita, percusión, canto e pandeireta, tamén para adultos, e zanfona.
O prazo de matrícula será do 2 de setembro ao 31 de outubro e o prezo por curso académico e materia (gaita, percusión, zanfona, canto e pandeireta) será de 40 euros, con posibilidades de bonificacións.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

Luisa Sánchez reúnese coas xogadoras do Mosteiro Bembrive FS, que duplica este ano a...

0
Esta liña de subvencións, que se outorgaron por concorrencia competitiva, está dotada con 900.000 euros, 50.000 euros máis que o pasado ano Ao abeiro deste...

Luis Álvarez Pousa, Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo

0
No seu fallo, o xurado destaca a súa longa e intensa traxectoria profesional, aínda en activo, “como formador das primeiras promocións de xornalistas galegos,...

A Deputación leva esta fin de semana o programa +Bosques ata o pazo de...

0
A iniciativa, que remata este mes, promove o contacto directo coa natureza e ten xa todas as prazas cubertas A Deputación de Pontevedra leva esta...

A vicepresidenta Luisa Sánchez destaca a importancia da plena inclusión na presentación da regata...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta mañá en Vigo no acto de presentación da terceira edición da regata inclusiva “Vigo...

A Deputación organiza esta fin de semana oito novas saídas ao abeiro do +Convivencia...

0
Os participantes, de entidades de seis concellos da provincia, visitarán lugares como Tui, San Simón, O Grove, Cambados, Combarro, ou, entre outros, A Guarda Máis...

Publicacións Relacionadas