HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación mobiliza esta semana dous colectivos de Meaño e Salceda de...

A Deputación mobiliza esta semana dous colectivos de Meaño e Salceda de Caselas nos seus programas formativos de participación social +Xuntas e Provincia Activa

- Anuncio -spot_img

Mulleres de Meaño participan nun obradoiro de ximnasia hipopresiva de +Xuntas, o programa destinado a promover a igualdade e crear espazos de encontro para mulleres

Maiores de Salceda asistirán a un curso de plantas medicinais no marco de Provincia activa, o programa da Deputación que busca impulsar o envellecemento activo

A Deputación de Pontevedra comeza esta semana novas actividades formativas para colectivos sociais de Meaño e Salceda de Caselas no marco dos seus programas formativos e de participación social +Xuntas e Provincia activa, respectivamente. As dúas accións suporán a mobilización de máis de 30 persoas maiores e mulleres da provincia de Pontevedra.

O primeiro en ter lugar será a partir deste mércores en Meaño a través do programa +Xuntas, unha iniciativa que busca promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes a través da creación de espazos de encontro social que, ademais, fomentan a empregabilidade das mulleres. No obradoiro, de ximnasio hipopresiva, participarán 18 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais A Telleira de Dena.

Por último, o sábado comezará un obradoiro de plantas medicinais para 15 usuarios do Centro Cultural Deportivo e Social O Coto, de Salceda de Caselas. Será no marco de Provincia activa, unha iniciativa que busca impulsar o envellecemento activo das persoas maiores da provincia, así como fomentar a participación e crear espazos de encontro e intercambio de experiencias.

No marco de +Xuntas este ano terán lugar 207 obradoiros dirixidos a entidades de 56 concellos da provincia que traballan na promoción das mulleres e apoiando o seu desenvolvemento. O programa ten un orzamento de 325.000 euros e chegará a máis de 5.000 mulleres, que puideron escoller entre 26 obradoiros encadrados en catro bloques temáticos relacionados coa tecnoloxía, a creatividade, o medio natural e a saúde.

En canto a Provincia activa, a Deputación ofertou este ano 14 obradoiros divididos en seis bloques temáticos: “Benestar natural”, “Saúde en movemento”, “Emociónate”, “Outra vida”, “Con ritmo!” e “Reder@s”. O programa conta este ano cun orzamento de 146.000 euros e ao longo deste ano desfrutarán dos obradoiros 130 entidades de 40 concellos da provincia.

Publicacións Relacionadas