HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación mobiliza máis de 817.000 euros en axudas á cooperación

A Deputación mobiliza máis de 817.000 euros en axudas á cooperación

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno da institución provincial destina esta semana máis de 680.000 euros a axudar a municipios, así como 137.000 euros a colaborar con diferentes entidades

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de mobilizar un total de 817.269,57 euros, dos que 137.000 euros están destinados a axudas para diferentes entidades da provincia, mentras que 680.269,57 euros están asignados a 16 municipios.

Así, os concellos de Maside, Monterrei, Bande, Manzaneda, Castrelo de Miño, San Cristovo de Cea, Verín, Castrelo do Val, Celanova, A Gudiña, Laza, Lobeira, Maceda, Riós, San Amaro e Verea reciben esta semana, entre as que destaca a que se dedicará a mellorar a eficiencia enerxética do Auditorio Ilduara de Celanova (100.000 euros); a destinada a substituir alumeado na Canle e Viso, en Lobeira (62.745,63 euros); a pavimentación da rúa de acceso a Outeiro Grande en Maside (50.000 euros); os gastos de funcionamento da casa comunitaria de Castrelo de Miño (45.000 euros); os gastos de funcionamento do conservatorio de Verín (50.000 euros); para o abastecemento, saneamento e arranxo de rúas en Cimadevila e para reparar fochancas en Laza (60.000 euros); así como a mellora do camiño no núcleo de Santirso, en Maceda (48.000 euros). O resto de axudas van destinadas a diversos proxectos de mellora de infraestruturas municipais.

En materia supramunicipal, a Deputación destínalle esta semana unha axuda de 50.000 euros á Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria dos Concellos do Ribeiro, para axudar cos seus gastos de funcionamento.

Axudas a entidades

No que atinxe ás diferentes entidades que perciben axuda esta semana, a Federación Galega de Automobilismo obtén 35.000 euros para o proxecto “Futuro Motor”; a Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple, Párkinson e outras enfermidades raras (10.000 euros); para o Campionato Provincial BTT Deputación de Ourense (12.000 euros); para a Asociación de Instaladores Eléctricos e de Telecomunicacións de Ourense e Provincia (2.000 euros); para a Feira do Libro de Ourense (3.000 euros); para a Copa de España DHI (5.000 euros); e para actos de promoción de voluntariado da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e a súa xornada anual (20.000 euros). 

Publicacións Relacionadas