Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación mobiliza preto de 213.000 euros en axudas á cooperación con...

A Deputación mobiliza preto de 213.000 euros en axudas á cooperación con municipios e coas ANPAS da provincia

- Anuncio -

Diferentes concellos recibirán 198.000 euros en achegas para cofinanciamento en proxectos municipais de eficiencia enerxética, rozas, sinalizacións, acondicionamento de rúas, melloras en abastecemento, rehabilitación de edificacións e reparación de fosas sépticas

A Xunta de Goberno tamén aprobou a resolución do concurso para a concesión de subvencións a ANPAS de 21 centros educativos de Ourense, por un importe de 14.877,63 euros

A Xunta de Goberno da Deputación, na súa sesión semanal, vén de mobilizar un total de 212.877,63 euros en axudas á cooperación, tanto para diferentes municipios da provincia como para entidades.

Así, aprobouse a resolución do concurso para a concesión de subvencións a asociacións de pais e nais (ANPAS) de centros educativos de Ourense, por un importe de 14.877,63 euros para os 21 beneficiarios.

No que atinxe ás axudas á cooperación municipal, a Xunta de Goberno vén de destinar 198.000 euros a diferentes municipios. Estas achegas irán destinadas ao cofinanciamento do IDAE en proxectos municipais de eficiencia enerxética, para rozas, sinalizacións, acondicionamento de rúas, melloras en abastecemento, rehabilitación de edificacións e reparación de fosas sépticas.

Relacionadas

A Deputación supervisa os traballos que está a desenvolver para a conservación e mellora...

0
Os deputados provinciais Isabel Couselo e Javier Tourís visitaron xunto co alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, os traballos incluídos no acordo marco de obras...

A Deputación e Editorial Galaxia imaxinan escenarios futuros para a cultura no 1º Foro...

0
Co lema ‘Pensar para Adiante. Culturas, Artes e Identidades’, o encontro reúne este xoves no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a Germán Labrador,...

Luis López felicita ao piloto Yago Martínez por gañar a Dacia Sandero Eco Cup...

0
O presidente provincial, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibe no Pazo provincial ao prometedor piloto de Salvaterra pola súa vitoria nesta categoría do campionato...

O BNG alerta dun megaparque eólico de 24 muíños e 124 megawatios que vai...

0
O deputado nacionalista Luís Bará rexistrou hoxe unha batería de iniciativas parlamentares nas que demanda á Xunta que faga valer as súas competencias e...

A Deputación e FADEAL levan esta semana as xornadas de concienciación sobre o alzhéimer...

0
O obxectivo desta iniciativa, para a que a institución provincial achega 15.000 euros, é organizar sesións informativas en todos os concellos da provincia As xornadas...

A Deputación leva este mércores o circuíto +Escénicas ata Tui con “Wombo Combo” Galeatro

0
A peza teatral, para público escolar, poderá verse ás 12:00 horas no Teatro Municipal +Escénicas trátase dun novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000...

Publicacións Relacionadas