HomeTabeirósA EstradaA Deputación mobilizará esta semana máis de 100 persoas de entidades da...

A Deputación mobilizará esta semana máis de 100 persoas de entidades da Estrada abeiro das novas saídas do plan +Convivencia

- Anuncio -spot_img

Serán dúas actividades que achegarán ás persoas participantes ata lugares tan singulares da nosa provincia como Santa Tegra

A Deputación de Pontevedra continúa esta semana as saídas programadas ao abeiro de +Convivencia, con dúas novas actividades das que desfrutarán un total de 110 persoas de entidades pertencentes ao Concello da Estrada. As saídas, que levará a veciñanza deste concello a Tui, Santa Tegra e Baiona, realizarase o martes 29 de xullo e nela participarán 55 persoas da Asociación de Veciños de Arca e outras 55 da Asociación San Xorxe de Cereixo.

O programa +Convivencia, cun orzamento de 275.000 euros (un 25% máis que os 220.000 euros da súa primeira edición), está a permitir que 229 entidades sen fins de lucro coñezan o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural da provincia de Pontevedra. A Deputación oferta un amplo catálogo de actividades relacionadas coa arqueoloxía, coa arquitectura civil, relixiosa ou popular, co Camiño de Santiago ou cos museos, entre moitas outras. Todas as propostas están abertas a entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais e culturais ou tamén ANPA da provincia.

O goberno provincial destina este ano a cada entidade unha axuda de ata 1.200 euros (o ano pasado as axudas máximas eran de mil euros) para que poidan xestionar e deseñar con total autonomía a súa actividade, favorecendo a contratación de empresas do tecido máis próximo e estimulando a economía local. Ademais, o número mínimo de persoas participantes en cada excursión é de 30, ou 20 no caso daquelas viaxes ou actividades nas que sexa necesario contratar autobuses e participen persoas con mobilidade reducida que precisen unha cadeira de rodas ou outras axudas técnicas.

Publicacións Relacionadas