Debido aos prognósticos das axencias meteorolóxicas por avisos de temperaturas mínimas e posibles xeadas para esta madrugada, e co fin de garantir a seguridade viaria na maña do 20 de decembro, o Plan de Viabilidade Invernal da Deputación de Ourense mobilizará varios vehículos dotados cos correspondentes equipos para esparexer fundentes.
Estes vehículos traballarán en horario tarde-noite, espallando sal ante a posible aparición de placas de xeo nas estradas provincias da zona sur da provincia.
Desde a Deputación de Ourense prégase aos condutores máxima precaución en calquera estrada pola súa propia seguridade e dos demais condutores.