Home O Salnés A Illa de Arousa A Deputación mobilizou máis de 7,6 millóns en Arousa a través do...

A Deputación mobilizou máis de 7,6 millóns en Arousa a través do Plan +Provincia para financiar 65 obras

- Anuncio -

A institución provincial outorgou axudas por valor de 5,7 millóns de euros aos concellos de Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Pontecesures, Ribadumia, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa

A Deputación de Pontevedra mobilizou a través do Plan +Provincia un total de 7,6 millóns de euros para realizar 65 investimentos na área de Arousa, con axudas da institución provincial valoradas en 5,7 millóns de euros que recalaron nos concellos de Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Pontecesures, Ribadumia, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

En Cambados, a Deputación mobilizou un total de 794.881,44 € a través de 9 proxectos que supuxeron unha inxección de 762.280,86 € de fondos provinciais. Financiáronse a mellora de pavimentacións en rúas e camiños, a rehabilitación de áreas de xogos en parques infantís, a renovación da carpintaría exterior e a tarima interior do Pazo de Torrado, a ampliación da rede de saneamento en Couto de Abaixo (Castrelo) e en Covas de Lobos (Vilariño), a renovación da Praza das Rodas, a instalación dun sistema de gravación e xestión audiovisual e a mellora das gradas do campo de Burgáns e o acondicionamento da antiga cámara agraria.

En Catoira mobilizáronse un total de 397.939,94 € que obtiveron axudas por valor de 348.651,51 € do Plan +Provincia, cos que se fixo fronte ao financiamento da reforma da pista polideportiva de Dimo e a pista de tenis de Borreiros, a mellora das beirarrúas no paseo das Lombas, a reparación do paseo fluvial tralo temporal, o proxecto de acondicionamento do centro social de Abalo, a pavimentación de camiños e a construción dos vestiarios e aseos do campo de fútbol das Lombas.

No Grove, o Plan +Provincia deixou un total de 618.035,48 € para seis proxectos que mobilizaron un total de 952.760,46 €: a humanización da rúa Entrehortas, o acondicionamento do pavillón do Conmeniño, a impermeabilización interior do depósito de auga potable de Borreiros, o equipamento para desbaste de finos na EDAR de Rons, a sinalización de rúas e o mantemento do parque infantil do Sineiro.

Na Illa de Arousa, a Deputación achegou 270.447,06 € para tres proxectos cunha mobilización total de 302.489,46 €: a adquisición de terreos para unha zona deportiva, a mellora da accesibilidade nas rúas Cruceiro e Sor Aurora e mais a mellora do tránsito rodado na rúa Lagartiño.

En Meaño o total dos fondos, 423.335,84 €, dedicáronse á fase I do proxecto de execución da cuberta e acondicionamento da pista deportiva de Dena, cunha mobilización de 538.048,17 €.

En Meis, un total de sete proxectos mobilizaron 683.143,73 € grazas a axudas do +Provincia valoradas en 285.680,92 €: a mellora da eficiencia enerxética e da seguridade, reforma interior e ampliación de prazas da escola infantil de Mosteiro, a mellora e ampliación de camiños na parroquia de Paradela, varias actuacións de acometidas eléctricas e recuamento de liñas aéreas, melloras na pavimentación de vías municipais en Zacande, A Gándara e Pubuxeira, a mellora da rúa Ramón Cabanillas, a mellora da contorna do Mosteiro da Armenteira e a adquisición dunha marquesiña de autobuses.

En Pontecesures, tres axudas por valor de 299.427,72 € mobilizaron en total 647.168,72 € para posibilitar o acondicionamento da contorna da estación do tren, a reurbanización do camiño da Toxa e mais a reforma de beirarrúas e saneamento en Redondo.

En Ribadumia, a Deputación achegou un total de 386.336,95 € a través do Plan +Provincia para financiar sete actuacións que mobilizaron 603.515,86 €: a renovación do céspede artificial do campo de fútbol da Bouza, reparacións e melloras dos parques infantís municipais da Praza do Concello e do centro de Barrantes, obras de melloras e dotacións en camiños, mellora de do abastecemento e saneamento no lugar de Sisenla (Sisán), obras de mellora da rede municipal do alumeado público, a subministración de taboleiros informativos en varios puntos e a subministración de bombas para a EBAR de Portarís.

En Valga, o Plan +Provincia supuxo a mobilización de 938.653,29 euros co financiamento de seis proxectos que levaron 619.608,75 € da Deputación: a renovación dos servizos urbanos na marxe dereita da estrada nacional N-550, a ampliación de vías municipais nos lugares do Pino (Setecoros) e A Medela e o que vai da Rúa Doutor de Oya Salgueiro á Casa de Amil, a continuidade da senda peonil e reorganización do cruce entre Carballiño e Sixto e a instalación de marquesiñas de autobús.

En Vilagarcía de Arousa, os proxectos do +Provincia supuxeron unha mobilización de 1.064.606,74 €, financiando a Deputación ao 100% a humanización da rúa Conde Vallellano, a mellora de acceso ao Piñeiriño pola rúa Wenceslao Fernández Flórez, a ampliación da rede de saneamento e de abastecemento nun tramo do camiño da Regueira (Fontecarmoa), a subministración e instalación de dúas pantallas LED no pavillón de Fontecarmoa, a reforma de vestiarios no pavillón do Carril e a reparación de beirarrúas na rúa Patio Saavedra.

En Vilanova de Arousa, os dez proxectos beneficiarios mobilizaron un total de 701.459,33 € cunha inxección económica de 630.624,85 € da institución provincial. As achegas permitiron financiar a renovación do céspede artificial no campo de fútbol de Ponte Arnelas, o reforzo de firme de vías municipais, a compra de terreos, a reforma do alumeado público, os accesos e climatización da gardería de Baión, o sistema de vídeo vixilancia do tráfico, a adquisición de garaxes para vehículos municipais, a ampliación da rede Wi-Fi municipal, o acondicionamento e mellora da escola infantil municipal e a adquisición da antiga salazón en Currás.

O Plan +Provincia tivo un orzamento de 48,2 millóns de euros, dos que se beneficiaron todos os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia e que supuxeron unha mobilización de preto de 53 millóns de euros en arredor de 400 proxectos. O plan de cooperación municipal da Deputación de Pontevedra volverá ser histórico en 2025, con outros 48,2 millóns de euros á disposición dos concellos da provincia baixo as claves de cooperación, equilibrio e respecto á autonomía local.

Relacionadas

Regresan as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega durante a Ponte da Constitución

0
A oferta de visitas guiadas ao Castro de Santa Trega sempre tiveron unha excelente collida entre veciños e visitantes que escollen A Guarda ou...

Black Friday mosense, solidario con Valencia

0
Os 34 microondas comprados por asociacións, empresas e particulares xa chegaron a destino e se atopan dando servizo ao pobo valencián afectado pola Dana A...

A música do Conservatorio e da Escola de Música de Tui súmase á maxia...

0
O Teatro Municipal e o novo espazo cultural da rúa Camilo José Cela serán os seus escenarios os días 11, 17, 18 e 19...

A Deputación acolle no Pazo provincial a conferencia sobre a vida olímpica de Teresa...

0
A deputada provincial María Ramallo presentou a actividade, que está enmarcada en Unha vida olímpica, unha alianza entre a institución e a piragüista co...

Luis López súmase á convocatoria da Xunta de Galicia no acto “Queremos Ave Vigo-Oporto”

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sumouse esta mañá no Auditorio de Afundación de Vigo ao acto convocado pola Xunta de Galicia...

O segundo mercado aberto de comercio local, Queda en Mos, arranca o venres co...

0
Ata 19 negocios mosenses estarán co seu producto do 6 ao 8 de decembro no Pazo de MosMúsica, actividades en familia, obradoiros e artesanía...

Publicacións Relacionadas