Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación organiza a partir deste martes no Museo de Pontevedra o...

A Deputación organiza a partir deste martes no Museo de Pontevedra o curso “Do Cine Clásico ao Cine Moderno”

- Anuncio -

Os martes de febreiro a maio o profesor José Manuel López introducirá o público asistente nas claves dos novos cines da modernidade entre 1950 e 1980

Este martes, 4 de febreiro, comeza no Museo de Pontevedra o curso “Do Cine Clásico ao Cine Moderno. Intuicións, Rupturas e Ecos dos Novos Cines da Modernidade (1950-1980)”. Impartido polo profesor José Manuel López, este curso traza un panorama xeral das correntes cinematográficas xurdidas nos anos 60 do pasado século, sen esquecer as súas intuicións nos 50 e os seus ecos nos 70. O ciclo desenvolverase en doce sesións todos os martes de febreiro a maio, de 19:00 a 20:30 horas no Edificio Castelao e o acceso a cada sesión será libre. Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal e asistan como mínimo ao 70% das sesións.

Os novos cines da década de 1960 opoñíanse ao chamado “cinema clásico” e marcaron o comezo da modernidade. Pero, lonxe de ser unha especie de superación ou actualización do clasicismo, este curso defende que non é posible entendelos como dous compartimentos estancos e illados. Ao contrario: clasicismo e modernidade se solapan e alimentan entre si, e resulta imposible entender os achados e revolucións desta sen a tradición e historia daquel. Porque, como dixo alguén algunha vez, o moderno ha de conservar un vínculo secreto co clásico para non quedar no mero xogo da moda. A primeira sesión do curso, este martes, centrarase precisamente neste aspecto: “O vello e o novo: o tránsito entre clasicismo e modernidade”.

Ao longo do curso, Carl Theodor Dreyer, Ingmar Bergman, Robert Bresson, Roberto Rossellini, Nicholas Ray ou Orson Welles convivirán con Pier Paolo Pasolini, Jean-Luc Godard, Michelangelo Antonioni, Agnès Varda, Chris Marker, Philippe Garrel, Arthur Penn, Mike Nichols, Elaine May, Steven Spielberg ou Francis Ford Coppola, combinando sesións temáticas e transversais con outras monográficas dedicadas aos principais cineastas desas tres décadas. E en todas elas será primordial o uso de proxeccións de escenas e a análise de películas representativas para achegar este período decisivo da historia do cinema ás persoas asistentes.

O curso é impartido por José Manuel López (Vigo, 1974), doutor en Comunicación e Información Contemporánea e profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo. En 2004 funda a revista de cinema Tren de sombras e desde o ano 2007 ao 2017 forma parte do consello de redacción de Caimán Cuadernos de Cine, anteriormente coñecida como Cahiers du Cinéma España. En 2008 coordina o libro Naomi Kawase. El cine en el umbral e é autor de artigos tanto en revistas académicas (Fotocinema, L’Atalante, Quintana….) como de crítica de cinema, de relatorios en congresos e capítulos de libros.

Desde 2012 imparte cursos de cinema no Museo de Arte Contemporánea de Vigo e no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago. Impartiu conferencias en espazos como Filmoteca Española, Master LAV, ESCAC, Filmoteca de Galicia, Seminci, Festival de Málaga ou o Centro das Artes de Sevilla. Comisariou exposicións e ciclos para Fundación Luis Seoane, Curtocircuito: Festival Internacional de Cinema de Santiago, Solar Galeria de Arte Cinemática e o festival de cinema Curtas de Vila do Conde (Portugal). En 2020 recibiu o premio ao mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional outorgado pola Academia Galega do Audiovisual.

Relacionadas

Jacobo Pérez pasa revista ás xestións feitas no seu primeiro mes de mandato e...

0
∙ Ademais de consolidar canles de comunicación directa coa veciñanza, o alcalde salienta actuacións como a dotación dun novo local para o Fogar de...

Éxito na primeira fin de semana do Ciclo Cine de Inverno en Savaterra de...

0
Esta pasada fin de semana deu comezo a 5ª edición do Ciclo Cine de Inverno que organiza o Concello de Salvaterra de Miño. O sábado...

O concello de Bueu organiza unha exposición dos traballos gañadores do Concurso de Ideas...

0
• A mostra, que conta coa colaboración do Colexio de Arquitectos de Galicia, poderase visitar ata o 14 de febreiro na Sala Amalia Domínguez...

A Deputación alíase co COB para reivindicar o baloncesto inclusivo e levar o deporte...

0
O presidente provincial, Luis Menor, reivindicou na presentación da área social do Clube Ourense Baloncesto un “paso fundamental” en materia de inclusión social a...

A Deputación divulga a cultura popular a través da revista Raigame, cun número no...

0
O vicepresidente 2º e deputado de Cultura, César Fernández, puxo en valor esta publicación que en 1995 xurdiu para continuar o magnífico traballo etnográfico...

A praza da Peregrina volve lucir coa nova iluminación led

0
A Concellaría que dirixe Xaquín Moreda rematou nesta semana as probas da instalación da nova iluminación. Cun orzamento de case 17.000 euros o Concello instalou...

Publicacións Relacionadas