Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación organiza esta fin de semana novas saídas do programa Lecer...

A Deputación organiza esta fin de semana novas saídas do programa Lecer en familia coa participación de preto de 100 persoas

- Anuncio -

As estancias programadas este 14 e 15 de febreiro levarán a familias de 15 concellos ao Hotel Bahía de Baiona, ao Carlos I de Silgar de Sanxenxo, ao Alda Carril, Alda Castelao e Pazo O Rial de Vilagarcía de Arousa e ao Hotel Coia de Vigo

A Deputación de Pontevedra programa esta fin de semana novas saídas do programa Lecer en familia, que levarán a 98 persoas de 15 concellos da provincia a seis dos 12 establecementos hoteleiros participantes no programa. O obxectivo desta iniciativa é reforzar os lazos familiares nun ambiente de convivencia financiando estancias de fin de semana en establecementos hoteleiros, das que poden gozar familias con menores ao seu cargo e que residan na provincia de Pontevedra.

20 persoas de Ponte Caldelas, Redondela, Moaña e Vigo,  pasarán a fin de semana no Hotel Bahía de Baiona mentres que outras 40 de Mos, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Vigo e Vilagarcía o farán no Hotel Carlos I de Silgar, en Sanxenxo. Tamén participarán 3 persoas de Poio, cunha estancia no Hotel Alda Carril, en Vilagarcía; ata o Hotel Pazo O Rial chegarán 21 persoas de A Guarda, Baiona e Vigo e 10 persoas de Covelo, Mos e Tui ao Alda Castelao, ambos tamén en Vilagarcía. Finalmente, 4 persoas de Ribadumia pasarán a fin de semana no Hotel Coia de Vigo.

En total, van participar en Lecer en Familia preto de 3.000 persoas de 52 concellos da provincia, que asistirán a 12 estabelecementos entre os que se inclúen spas, balneario, talasos e hoteis tanto de zonas rurais como urbanas. En réxime de media pensión, tamén realizarán actividades socioculturais (cunha ampla variedade a escoller asociada a cada estabelecemento) ou accederán aos circuítos termais dos que dispoñan nas súas instalacións. Ademais de potenciar a calidade de vida das familias, o programa tamén busca impulsar o sector turístico da provincia de Pontevedra.

Das preto de 3.000 prazas, 50 correspóndense cun réxime especial e son subvencionadas ao 100%. As de réxime xeral están subvencionadas con 60 € para maiores de 12 anos, 30 € para nenos de 3 a 12 anos, e ao 100% para menores de 3 anos. As estadías realizaranse en temporada baixa (entre xaneiro e marzo), con estancias dunha noite en fins de semana, períodos non lectivos ou vésperas de festivo.

Relacionadas

O vicepresidente Rafa Domínguez participa na visita ao pazo de Lourizán co equipo gañador...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este xoves na visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ao pazo de Lourizán co equipo...

0
As Neves avanza na rehabilitación urbana e confirma a inminente licitación do enlace de Setados coa PO-400 • O goberno municipal reuniuse coa Conselleira de ...

Este San Valentín, en Nigrán, teatro para amantes e “desamantes”

0
O grupo amateur de teatro Denigrantes Comediantes regresa ao  Auditorio Municipal do Concello de Nigrán coa súa obra teatral Te amaré hasta que te...

A Deputación é seleccionada para optar aos Premios Ondas Globais do Podcast co proxecto...

0
O programa provincial é un dos cinco finalistas na categoría de Podcast en Lingua Cooficial, e os gañadores coñeceranse o próximo 12 de marzo O...

Abanca Cimag-GandAgro 2025 explicará innovadores proxectos en distribución sostible de xurro e monitoreo de...

0
• SERÁ EN DÚAS XORNADAS ORGANIZADAS POLO CAMPUS TERRA DE LUGO E A ASOCIACIÓN AGRARIA DE GALICIA (ASAGA) • ESTA V FEIRA PROFESIONAL DE MAQUINARIA,...

Fortalecer vínculos emocionais na era dixital con Rafa Guerrero na Semana da Educación de...

0
O psicólogo e experto en intelixencia emocional ofreceu unha interesante charla sobre a xestión de emocións en infancia e adolescencia nun auditorio de Goián...

Publicacións Relacionadas