Home Tabeirós A Estrada A Deputación organiza esta fin de semana tres novos concertos do ciclo...

A Deputación organiza esta fin de semana tres novos concertos do ciclo Entradiñas de Aninovo nos concellos de Sanxenxo, A Estrada e Dozón

- Anuncio -

As actuacións forman parte dun programa provincial que leva un repertorio clásico, tradicional e popular de Nadal a espazos culturais e patrimoniais da provincia

A Deputación de Pontevedra programa esta fin de semana, entre o sábado 28 e o domingo 29 de decembro, tres novos concertos en Sanxenxo, A Estrada e Dozón enmarcados no programa provincial Entradiñas de Aninovo. Este ciclo de 17 concertos en espazos culturais e patrimoniais dos concellos da provincia está composto por un repertorio clásico, tradicional e popular para desfrutar do Nadal en familia, e estase a celebrar ao longo do territorio provincial desde mediados de decembro ata mediados de xaneiro.

Os concertos desta fin de semana comezan o sábado 28 en Sanxenxo da man de Tolemia´s Consort, que actuarán ás 20:30 horas na Igrexa Novo Templo. Este grupo vocal de oito compoñentes, contando coa súa directora, Sonia Bouzada, naceu no viveiro do Coro do Liceo Casino de Vilagarcía e fixo o seu debut en Vilanova de Arousa, en xaneiro de 2020.

As actuacións continúan o domingo 29 da man da Banda de Gaitas da provincia de Pontevedra, que actuará no Teatro Principal da Estrada ás 19:30 horas e ofrecerá o seu traballo a prol da valorización, o respecto e a transmisión interxeracional tanto da música coma da tradición galega, e da procura da riqueza musical da gaita, da zanfona e da percusión. Tamén o domingo, ás 17:00 horas na nave do polígono industrial de Dozón, terá lugar o concerto da Banda de Música Municipal de Agolada, cunha actuación do seu ensemble de vento e percusión.

O ciclo Entradiñas de Aninovo inclúe actuacións de María do Ceo (en Mondariz e A Guarda), do coro Gli Appassionati (en Arbo e Ponteareas), da Banda de Música Municipal de Agolada (en Agolada, Portas e Dozón), de Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro (en Portas e Oia), a Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra (na Estrada e Baiona), Tolemia’s Consort (en Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa), Dania Diva (na Lama) e o Ballet de Galicia (en Bueu, Valga e Ribadumia). Cun orzamento de 60.000 euros, súmase ás actividades programadas pola Deputación de Pontevedra durante o Nadal no Castelo de Soutomaior (visitas teatralizadas, un videomapping, un xogo de escapismo e sesións de contacontos) e no Museo de Pontevedra (exposicións temáticas, obradoiros infantís a actuacións musicais).

Relacionadas

A Deputación avanza na dixitalización do ciclo da auga coa instalación de 2.000 contadores...

0
O proxecto OU-intelixente prevé a colocación de máis de 65.000 contadores en 81 concellos, dotando ás entidades locais de ferramentas tecnolóxicas para mellorar a...

2024 péchase como o ano da “sangría económica e da maior presión fiscal” consecuencia...

0
O BNG lembra que nos últimos 12 meses o Goberno local do PP incrementou a débeda municipal ata niveles non vistos desde hai máis dunha década,...

Pazolandia consolídase como o gran parque de atraccións de Nadal con máis de 3.000...

0
As familias volven apostar polo programa de ocio da Deputación de Ourense, un clásico destas datas festivas que ademais mantén os prezos do ano...

O Rosal, epicentro do balonmán co Handball Cup do Valinox Novás

0
Máis de 150 nenos e nenas participan dende hoxe ata o 28 de decembro neste trofeo transfronteirizo organizado en colaboración co Concello Nadal cheo de...

Raquel Atanes e Juan darán as badaladas por adiantado no Porriño ao ritmo de...

0
● O luns 30 de decembro a vila do Louro acollerá o seu tradicional pre fin de ano, coa edición infantil como xa marca...

Luis López compromete o apoio da Deputación para a mellora da mobilidade peonil na...

0
O presidente provincial vén de manter un encontro institucional coa alcaldesa Sandra González no que acordaron iniciar ao longo do 2025 a tramitación deste...

Publicacións Relacionadas