Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación organiza este luns unha xornada sobre a Lei de protección...

A Deputación organiza este luns unha xornada sobre a Lei de protección de persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción

- Anuncio -

A xornada, que será inaugurada pola deputada provincial María Ramallo, está dirixida a membros de corporacións locais, secretarios e interventores da Administración Local, funcionarios A1 e A2 e persoal público interesado na incidencia no local da Lei 2/2023

Ademais da deputada intervirán a codirectora da Cátedra de Bo Goberno da UVigo, Concepción Campos; a profesora de Dereito Administrativo da USC, Andrea Garrido; e o profesor de Dereito Administrativo da USC, Marcos Almeida

O Salón de Plenos da Deputación de Pontevedra acollerá este luns unha xornada sobre a Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección de persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción. O obxectivo desta iniciativa formativa de carácter práctico, que será inaugurada pola deputada provincial María Ramallo, é achegar a membros de corporacións locais, secretarios e interventores da Administración Local, funcionarios A1 e A2 e persoal público interesado a incidencia desta lei no ámbito local.

A xornada comezará ás 9:30 coa inauguración a cargo da deputada de Innovación e Axenda Dixital, María Ramallo. A continuación, Concepción Campos Acuña, secretaria de Administración Local e codirectora da Cátedra de Bo Goberno Local da Universidade de Vigo afondará nos aspectos xerais da Lei 2/2023 e no seu impacto no ámbito local. A partir das 11:30 horas, Andrea Garrido Juncal, profesora de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela abordará “As medidas de protección aos denunciantes” e, finalmente, o tamén profesor de Dereito Administrativo da mesma universidade, Marcos Almeida Cerredo, explicará “O sistema interno de información”.

A Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección de persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción incorpora ao dereito español a Directiva (UE) 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2019, relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións do dereito da Unión Europea. A súa principal finalidade é a de protexer fronte a represalias a persoas que, nun contexto laboral ou profesional, detecten infraccións penais ou administrativas graves ou moi graves e facilitar que poidan comunicalas mediante mecanismos regulados. Ademais, en cumprimento do establecido nesta lei, as entidades locais da provincia teñen a obriga de implantar unha canle interna de información que cumpra coa súa finalidade e permita que as persoas físicas poidan informar sobre algunhas infraccións administrativas graves ou moi graves ou feitos delituosos.

A Deputación de Pontevedra ten operativa desde o verán na súa páxina web a canle de información sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción para dar cumprimento á Lei 2/2023. A través dela calquera persoas empregada pública da institución e a cidadanía en xeral, tanto de xeito anónimo como nominativo, pode poñer en coñecemento accións ou condutas do persoal ou dos órganos da institución provincial que poidan constituír incumprimentos normativos, fraude ou calquera tipo de infracción penal ou administrativa grave ou moi grave.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas