HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación organiza este mércores unha sesión formativa telemática sobre xestión de...

A Deputación organiza este mércores unha sesión formativa telemática sobre xestión de ameazas dixitais

- Anuncio -spot_img

Trátase da última das charlas coa que se pechan as sesións sobre ciberdelincuencia, ciberseguridade e Intelixencia Artificial para profesionais das pemes e administracións públicas nas que a institución provincial colabora co Grupo de Traballo do Nodo Galego de Ciberseguridade

A Deputación de Pontevedra pecha este mércores as accións formativas sobre ciberdelincuencia, ciberseguridade e Intelixencia Artificial dirixidas a profesionais das pemes e das administracións públicas. Trátase da última das tres accións previstas no marco do Grupo de Traballo de Empresas do Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal en colaboración con Gradiant, empresa adherida a CIBER.gal, e a institución provincial, entidade fundadora de CIBER.gal.

Esta sesión leva o título de “Xestión de Incidentes e Thread Intel mediante servizo xestionado nun SOC/NOCENS+ da Rede Nacional de SOC” e permitirá afondar na xestión de incidentes mediante servizos xestionados nun SOC (Centro de Operacións de Seguridade), onde se monitorea, prevén, detectan, investigan e responden as ameazas cibernéticas. Tamén se estudarán as formas de anticipar ciberincidentes, detectar ameazas reais, comunicar e asesorar aos clientes para facerlles fronte, determinar o alcance real da ameaza, mitigar e remediar o incidente ou crear comités para facerlles fronte. A actividade terá lugar ás 12:30 horas e será totalmente telemática, estando xa habilitado o formulario para asistir á sesión na web institucional.

Previamente a esta sesión, a Deputación organizou unha sesión presencial impartida por Borja Pintos, responsable técnico de ciberseguridade industrial de Gradiant, na que se deron a coñecer as técnicas que empregan os ciberdelincuentes para manipular e atacar as persoas, con exemplos reais e consellos para evitar caer nas súas trampas, e outra telemática na que o socio-director de Pintos&Salgado afondou na intelixencia artificial, os seus retos e as súas regras.

Publicacións Relacionadas