Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación organiza novas saídas do programa Lecer en familia coa participación...

A Deputación organiza novas saídas do programa Lecer en familia coa participación de preto de 100 persoas

- Anuncio -

As estancias programadas este 31 de xaneiro e 1 de febreiro levarán a familias de 14 concellos ao Gran Talaso Hotel Sanxenxo, o Hotel Bienestar Moaña, o Hotel Coia de Vigo, o Hotel Alda do Carril (Vilagarcía) e o Hotel Restaurante Pontiñas de Lalín

A Deputación de Pontevedra programa esta fin de semana novas saídas do programa Lecer en familia, que levarán a preto de 100 persoas de 14 concellos da provincia a cinco dos 12 establecementos hoteleiros participantes no programa. O obxectivo desta iniciativa é reforzar os lazos familiares nun ambiente de convivencia financiando estancias de fin de semana en establecementos hoteleiros, das que poden gozar familias con menores ao seu cargo e que residan na provincia de Pontevedra.

Deste xeito, 62 persoas dos concellos de Cangas do Morrazo, Lalín, Marín, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Vigo e Vilagarcía de Arousa gozarán dunha estancia no Gran Talaso Hotel Sanxenxo. 16 persoas de Ponte Caldelas, Pontevedra e Vigo pasarán a fin de semana no Hotel Bienestar Moaña, mentres que 12 persoas de Moaña, Poio, Ponteareas e Vigo o farán no Hotel Alda do Carril (Vilagarcía de Arousa). Tamén participarán 4 persoas de Pontevedra cunha estancia no Hotel Restaurante Pontiñas de Lalín, así como outras 4 persoas de Silleda pasarán a fin de semana no Hotel Coia de Vigo.

En total, van participar en Lecer en Familia preto de 3.000 persoas de 52 concellos da provincia, que asistirán a 12 estabelecementos entre os que se inclúen spas, balneario, talasos e hoteis tanto de zonas rurais como urbanas. En réxime de media pensión, tamén realizarán actividades socioculturais (cunha ampla variedade a escoller asociada a cada estabelecemento) ou accederán aos circuítos termais dos que dispoñan nas súas instalacións. Ademais de potenciar a calidade de vida das familias, o programa tamén busca impulsar o sector turístico da provincia de Pontevedra.

Das preto de 3.000 prazas, 50 correspóndense cun réxime especial e son subvencionadas ao 100%. As de réxime xeral están subvencionadas con 60 € para maiores de 12 anos, 30 € para nenos de 3 a 12 anos, e ao 100% para menores de 3 anos. As estadías realizaranse en temporada baixa (entre xaneiro e marzo), con estancias dunha noite en fins de semana, períodos non lectivos ou vésperas de festivo.

Relacionadas

A Deputación coedita xunto ao Grupo Marcelo Macías a publicación “Castromao”, de Francisco Fariña...

0
Trátase dunha Guía pretende ser unha invitación a achegarse a Castromao (Celanova, Ourense) e aproveitar para gozar da paisaxe e coñecer algún dos elementos...

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Baiona homenaxea aos campións do mundo de dardos

0
Iago Farto e Mauro Pazos, ambos os residentes en Baiona e, coñecidos no ámbito competitivo como Trafalgar e Mauro, lograron o título de campións...

Reggaeton Beach Festival e concello de Nigrán acordan un desconto do 50% nas entradas...

0
Nigrán prepárase para a cuarta edición de Reggaeton Beach Festival o 26 e 27 de xullo en Porto do Molle. O evento, que trae...

Publicacións Relacionadas