Home O Ribeiro Cenlle A Deputación patrocina o II Descenso Internacional “Ourense, Provincia Termal”

A Deputación patrocina o II Descenso Internacional “Ourense, Provincia Termal”

- Anuncio -

O Hotel Balneario de Laias acolleu esta mañá a presentación da competición, que se celebrará o vindeiro 21 de agosto nas augas do río Miño entre Ourense e Cenlle cunha participación estimada de máis de 350 deportistas

O descenso atópase inscrito dentro do calendario oficial da Federación Galega de Piragüismo e da International Canoe Federation, sendo ademais puntuable para a liga galega de piragüismo.

A proba celebrarase en memoria do fundador da Escola Ourensana de Piragüismo, Jose Luis González Chelis

O Balneario de Laias, en Cenlle, acolleu esta mañá a presentación do II Descenso Internacional “Ourense, Provincia Termal” de piragüismo que terá lugar o vindeiro 21 de agosto nas augas do río Miño, entre Ourense e Cenlle. A proba está organizada pola Escola Municipal Ourensana de Piragüismo e conta co patrocinio principal da Deputación.

Na presentación desta mañá en Laias estiveron presentes, entre outros, o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o alcalde de Cenlle, José Manuel Rodríguez; o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o presidente da Federación Española de Piragüismo, Javier Herranz; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea; o presidente do Club Piragüismo de Ourense, Jose Luis Fernández Bermejo; e Iván Alonso, campión do mundo de piragüismo na modalidade de maratón en 2021 e que, despois de participar na primeira edición desta proba, incorpórase ao comité organizador para reforzar o seu potencial.

Bernardino González resaltou a aposta do goberno provincial polo deporte e sinalou a importancia da cooperación interadministrativa para levar a cabo estas competicións: “Aínda que a Deputación aporta o seu gran de area, sen a colaboración dos concellos non sería posible que este tipo de actividades saísen adiante”. O asesor de Deportes da Deputación aproveitou a ocasión “para felicitar a tódalas institucións e entidades implicadas” e convidou a “seguir traballando nesta liña, que está a demostrar o seu éxito”, desexando que Ourense “continúe a seguir sendo un referente”.

Gabriel Alén cualificou a zona coma “un dos mellores lugares de adestramento e de descanso para os deportistas” e engadiu que, grazas á colaboración entre entidades, “as actividades teñen unha gran calidade que fai que os deportistas estean a gusto”. O delegado da Xunta subliñou a importancia da Alta Velocidade, “xa que gracias a ela, podemos ter unha dimensión internacional que nos achega ó mundo”.

O presidente da Federación Española de Piragüismo, Javier Herranz, confirmou que “Ourense é un dos mellores lugares do mundo para a práctica deste deporte”, agradecendo enormemente “a vontade de apoiar os deportes e os seus beneficios para a sociedade”. Herranz resaltou a súa satisfacción “por poder celebrar en Ourense este tipo de eventos e agardamos poder celebrar nun curto-medio prazo máis competicións internacionais”.

“Ourense, a pesar de ser a única provincia que non ten mar, ten as mellores láminas de auga para deportes náuticos”, afirmou Alfredo Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo. Ourense, explicou Bea, “ten os medios para ser unha potencia náutica mundial e grazas a este tipo de actividades está comezando a destacar coma a potencia que é”.

O campión mundial de maratón e membro do comité organizador, Iván Alonso, salientou “o coidado que se lle da ó deportista nesta proba, e como iso posteriormente nótase no momento de remar”. Alonso aproveitou a ocasión para dicir que “atopámonos ante un dos mellores lugares para adestrar diversos deportes náuticos”.

“Queremos que esta proba se asemelle cada vez máis ás grandes competicións internacionais e que sirva para preparar o campionato do mundo de maratón”, explicou durante a presentación o presidente do Club Piragüismo Ourense, organizador da actividade. Por este motivo, sinalou Jose Luis Fernández Bermejo, “o porteo é o máis semellante posible ás competicións internacionais”.

Unha proba de carácter internacional que espera a máis de 350 participantes

O II Descenso Internacional “Ourense, Provincia Termal” adquire carácter internacional ao atoparse inscrito dentro do calendario oficial da Federación Galega de Piragüismo e da International Canoe Federation. Ademais, será puntuable para a Liga Galega de Piragüismo e servirá de preparación para o campionato do mundo de maratón, que se celebrará no mes de setembro.

A proba, deseñada en memoria do fundador da Escola Ourensana de Piragüismo, Jose Luis González Chelis, consta dun percorrido de 17 quilómetros polo río Miño e prevé sumar a máis de 350 participantes dunha trintena de clubs de diferentes partes do mundo.

A competición partirá o 21 de agosto ás 11,30 horas dende a Ponte Nova de Ourense nas categorías sénior, mentres que as categorías xuvenil e veterán realizarán o propio dende A Chavasqueira. Os cadetes, pola súa banda, partirán á mesma hora pero dende Alongos, en Toén. Ás 12,30 horas está prevista a chegada a meta, que estará situada na vila termal de Laias. Entre outras facilidades, o descenso contará cun servizo de remolque escoba e avituallamento no porteo, duns 400 metros, previsto para as 12,00 horas en Toén.

A proba, que na súa anterior edición contou con máis de 200 palistas inscritos e que obtivo o premio á Mellor Regata Organizada dentro do piragüismo galego, poderá ser seguida polo público a través da senda peonil que pasa por Untes e Outariz.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A Deputación e a Real Academia Galega das Ciencias organizan este xoves unha conferencia...

0
A acción, que se desenvolverá de xeito telemático, está enmarcada no ciclo Aida Fernández Ríos e contará coa presenza do deputado provincial Jorge Cubela O...

Luis López preside o Pleno do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do...

0
O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Luis López, xunto cos deputados provinciais Javier Tourís e Alejandro Lorenzo, presidiron esta mañá o Pleno do...

A Deputación concede 13.000 euros do Plan de Infraestruturas Deportivas á Illa de Arousa...

0
A través deste plan distribuíronse xa máis de 1,8 millóns de euros entre 30 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes A Deputación de...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

Publicacións Relacionadas