HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación, patrocinadora do filme “As Augas”, ópera prima da actriz e...

A Deputación, patrocinadora do filme “As Augas”, ópera prima da actriz e directora ourensá Ledicia Sola

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe na presentación do inicio da rodaxe desta película que “netamente ourensá” que será gravado na súa meirande parte en Muíños, pero tamén chegará aos concellos de Verín e de Ourense

A colaboración da Deputación con este filme enmárcase na liña de aposta pola “cultura e identidade da nosa provincia” que contribúen ao desenvolvemento social, económico e turístico da mesma, dixo Luis Menor

A Deputación de Ourense é unha das entidades patrocinadoras do filme “As Augas”, ópera prima da actriz e directora ourensá Ledicia Sola que hoxe comeza a rodarse en Muíños. O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe, no Centro de Interpretación do Corgo, en Muíños, na presentación do inicio da rodaxe deste proxecto “netamente ourensá”.

A colaboración da Deputación con este filme enmárcase na liña de aposta pola “cultura e identidade da nosa provincia” que contribúen ao desenvolvemento social, económico e turístico da mesma, dixo Luis Menor, quen afirmou que o goberno provincial debe estar “á altura do talento cultural ourensán, como o que hoxe está aquí”.

“Con este novo proxecto que impulsamos desde a Deputación, poñemos en valor a creatividade ourensá á vez que contribuímos a seguir mantendo a Ourense como referente no mundo da cultura promocionando esa imaxe de “Ourense cultural” que é froito de moitos anos de traballo, de crenza nos nosos e de aposta polos que nos levaron ata onde hoxe estamos: no mellor plató de cine do mundo”, explicou o presidente provincial.

“As Augas” será rodado na meirande parte en Muíños, pero tamén chegará aos concellos de Verín e de Ourense e estará protagonizado pola propia Ledicia Sola, Melania Cruz, Marta Larralde e Lidia Veiga. Xunto a elas estará o actor verinés Toni Salgado.

 “As augas” é un proxecto que será rodado integramente en Ourense, con temática netamente ourensá, escrita e dirixida por unha ourensá, polo tanto, “a mestura é perfecta”, asegurou Luis Menor quen destacou que “As Augas” emana “ourensanía por todos os costados que amosa “non só o talento desta terra, senón que os mellores embaixadores da mesma son as nosas xentes”.

Na rolda de prensa tamén participaron o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; o director de Agadic, Jacobo Sutil; a directora do filme, Ledicia Sola; os produtores do filme, Alfonso Zarauza e Dani Froiz; e Montse Besada como representante da TVG, así como representantes institucionais de entidades privadas que tamén colaboran con este proxecto audiovisual.

O filme está financiado pola Deputación de Ourense, Agadic e a CSAG (TVG) e coproducido por Maruxiña Film Company e Matriuska Films, dúas das produtoras máis prestixiosas e premiadas de Galicia  responsables de títulos coma Ons, Matria, Os Fenómenos, Las altas presiones ou Malencolía e conta co patrocinio de Estrella de Galicia/Aguas Cabreiroá e Gargalo.

Publicacións Relacionadas