HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación pecha o próximo mércores, 2 de abril, o prazo para...

A Deputación pecha o próximo mércores, 2 de abril, o prazo para que os concellos soliciten fondos ao abeiro do Plan +Provincia, dotado con 48,2 millóns

- Anuncio -spot_img

Últimos días para que os 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes soliciten recursos ao abeiro dunha das catro liñas do Plan: investimentos (33,74 M€), gasto corrente dos concellos (4 M€), activación de emprego (9,25 M€) e proxectos para a transformación da mobilidade (1,2 M€)

Últimos días para que os concellos da provincia presenten os seus proxectos para o Plan +Provincia. O próximo mércores, 2 de abril, remata o prazo para solicitar recursos do Plan de obras e servicios de competencia municipal 2025, que repartirá entre os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia un total de 48,2 millóns de euros.

O +Provincia 2025 está elaborado conforme aos principios de reforzo da capacidade inversora, maior autonomía local e atención aos retos comúns de futuro, e reparte o crédito de acordo con criterios obxectivos. Por segundo ano consecutivo introduce o reto demográfico como parámetro para dito reparto, co obxectivo de minorar a fenda de poboación que afecta principalmente aos municipios rurais da provincia. Como novidade, este ano admite a posibilidade de financiar investimentos de carácter plurianual, en liña co obxectivo do goberno provincial de seguir tendendo pontes de colaboración cos concellos para sustentar o labor municipal e facilitar ao tempo a execución de investimentos estratéxicos que lle brindan un servizo esencial á veciñanza.

A cifra de 48,2 millóns de euros distribuirase entre os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia a través de catro liñas. A primeira delas, dotada con 33,74 millóns de euros vai destinada a investimentos; a segunda, con 4 millóns, céntrase no gasto corrente dos concellos; a terceira, de 9,25 millóns, para a activación do emprego e a cuarta e novidosa liña, dotada con 1,2 millóns, para proxectos transformadores relacionados coa mobilidade.

Desta maneira, o reparto tradúcese en 19,7 millóns de euros para os concellos da contorna de Vigo e o sur da provincia, 9,3 millóns para a área de Arousa e o Salnés, 8,5 millóns de euros para as comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, 7,5 millóns para os concellos da contorna de Pontevedra e 3,2 millóns de euros para a comarca do Morrazo.

Publicacións Relacionadas