Home Vigo Baiona A Deputación permimte a rehabilitación de 53 elementos patrimoniais da provincia grazas...

A Deputación permimte a rehabilitación de 53 elementos patrimoniais da provincia grazas ao reparto de preto de 381.000 euros en subvencións

- Anuncio -

Os catro concellos do Val Miñor reciben case 36.000 euros para a mellora da Batería J3, o lavadoiro dos soldados e a fonde da Mina de Auga de Monteferro en Nigrán e a reforma do antigo matadoiro en Gondomar

En Baiona sinalizarase a fortaleza de Monte Real e a capela de Santa Marta e en Oia a Ruta Máxica

O departamento de Patrimonio da Deputación vai repartir 380.792,89 euros en axudas para proxectos de rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico cultural en toda a provincia. En total financiaranse 53 actuacións de posta en valor da riqueza patrimonial en concellos de todas as comarcas mediante a súa recuperación e mellora.
Inicialmente a partida inicialmente destinada ás subvencións ascendía a 300.000 euros, mais incrementouse en case 81.000 euros co fin de financiar a maioría das actuacións na súa meirande parte. No caso do Val Miñor todos os concellos reciben subvención: Baiona 6.056,62 euros (o 83,01% do solicitado), Gondomar 13.352,48 euros (o 45,76%), 13.132,20 euros (78,36%), e Oia 3.206,09, a totalidade do subvencionable.
Segundo explica a deputada de Patrimonio María Ortega, desde o ano 2016 a Deputación de Pontevedra conta estas liñas de subvencións que pretenden a restauración de bens inmobles de titularidade municipal que teñan un recoñecido valor arquitectónico, histórico, artístico, paleontolóxico, arqueolóxico ou etnográfico, ademais dos conxuntos urbanos, sitios naturais, xardíns e parques que teñan valor artístico, histórico ou antropolóxico.
Tamén é subvencionable a adquisición de bens inmobles integrantes do patrimonio histórico da provincia de Pontevedra e a instalación de paneis informativos no patrimonio histórico e cultural dos bens inmobles de interese municipal, os conxuntos urbanos, as parroquias, os xacementos e as zonas arqueolóxicas, ademais dos sitios naturais, os xardíns e os parques que teñan un recoñecido valor arquitectónico, histórico, antropolóxico, artístico ou etnográfico dentro do ámbito territorial da provincia de Pontevedra.
No caso de Nigrán, a axuda será para a mellora dos canóns Munaiz Argüelles de 1907 que tiñan por obxecto defender as costas galegas e que reciben o nome de Batería J3 Monteferro. Actualmente consérvanse dúas pezas que están cheas de pintadas e con maleza arredor, carecendo de paneis interpretativos que dean información sobre os mesmos. No caso do lavadoiro dos soldados, onde se duchaban os mozos que facían o servizo militar en Monteferro, actualmente está cuberto de maleza e cunha árbore caída enriba, polo que se pretende restaurar. Finalmente, tamén se pretende recuperar a fonte da Mina, situada a carón do lavadoiro, que está en mal estado e supón un perigo se alguén entra no interior.
No Concello de Baiona substituiranse os paneis informativos na contorna da Fortaleza de Monte Real e da capela de Santa Marta, instalando mesas informativas interpretativas con datos sobre as construcións, os paseos perimetrais, a descricións dos elementos defensivos como a Torre da Tenaza, o contexto marítimo ou a talasonimia e identificación de puntos de interese da contorna na punta exterior da península de Monte Boi.
En Gondomar o obxectivo é rehabilitar as instalacións do antigo matadoiro municipal, xa que pola súa situación no centro da vila preséntase como un emprazamento idóneo para a localización dunha dotación vencellada ao río e aos seus recursos, así como á recuperación da identidade labrega da vila. Sería así un edificio polivalente encadrado no ámbito doutras dotacións: a antiga praza da feira onde se comercializaba o gando, a antiga Irmandade de Labregos, e o mercado de abastos.
En Oia preténdese sinalizar varias zonas de interese da Ruta Máxica do concello, un itinerario arqueolóxico no que destacan os petróglifos de Pousadela de Pedornes, Outeiro da Cheira e Pedra Lan. O percorrido aproveita pistas forestais e conta con varios lugares significativos que ofrecen impresionantes vistas da costa atlántica, así como tamén restos de recintos fortificados, destacando o Castro da Cabeciña.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas