HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación pide á xunta de compensación da finca Mariñamansa a convocatoria...

A Deputación pide á xunta de compensación da finca Mariñamansa a convocatoria “urxente” dunha asemblea para aprobar o proxecto dun aparcadoiro disuasorio

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial, Luis Menor, comprometérase o pasado 2 de marzo a realizar esta solicitude, que ten como fin evitar a redución de prazas de aparcamento na zona como consecuencia do plan de mobilidade vertical previsto polo Concello de Ourense na Cuña

A Deputación de Ourense solicitou á xunta de compensación da Finca Mariñamansa a convocatoria, “de forma urxente e o máis axiña posible”, dunha asemblea que permita iniciar os trámites para executar un proxecto de aparcadoiro provisional en parte destes terreos. Un servizo que permitiría paliar a redución de prazas que se producirá na zona como consecuencia da instalación de ramplas mecánicas na rúa Vasco Díaz Tanco.

O presidente provincial, Luis Menor, comprometérase o pasado 2 de marzo a dirixir un escrito á xunta de compensación da Finca Mariñamansa para que se puidese utilizar unha parte dos terreos como aparcamento disuasorio.

Luis Menor recibiu entón no Pazo Provincial á directiva da Asociación Veciñal da Cuña e veciñanza do barrio, encontro no que xunto ao deputado provincial e concelleiro de Ourense, Jorge Pumar, foi informado dos problemas de estacionamento que ían xurdir cando se poña en marcha o plan de mobilidade vertical previsto polo Concello de Ourense nesta zona.

A maior parte do barrio da Cuña desenvolveuse entre finais dos anos 60 e 80 do pasado século, e moitos deles carecen de aparcamento nos baixos e sotos. Ademais, cómpre lembrar, esta área xa está moi saturada de vehículos dada a proximidade do complexo hospitalario.

Desde a Deputación de Ourense considérase que a zona sur da área de reparto da Finca Mariñamansa, destinados a viario e zona verde son os máis axeitados para situar un aparcadoiro disuasorio, un uso compatible cos usos asignados na citada área de reparto, segundo sinala a lei, polo que se considera factible realizar alí este proxecto.

Publicacións Relacionadas